domingo, 5 de octubre de 2008

20081003 Acceso dende a autovía

O CONCELLO DEMANDARÁ UN ESTUDIO A FOMENTO SOBRE A POSIBILIDADE DE CONSTRUIR UN SEGUNDO ACCESO A RIBADEO DESDE A-8 EN SENTIDO ASTURIAS.
Ribadeo, 3 de outubro de 2008. A xunta de voceiros do Concello de Ribadeo acordou por unanimidade demandarlle en pleno á ministra de Fomento "a realización dun estudio razoado sobre a posibilidade de facer un segundo acceso da A-8 á vila desde Galicia en sentido Asturias", conta o alcalde de Ribadeo. Fernando Suárez lembra que "desde Asturias en sentido Galicia hai dous accesos a Ribadeo, un na parte central e outro onde vai ser o polígono industrial, e cando vimos de Galicia só contamos cun acceso á nosa vila. Despois dun debate e donde todas as corporacións desde a do PP presidida por José Carlos Rodríguez Andina, desde a do PSOE con Balbino Pérez Vacas e desde a do BNG con quen lles fala como alcalde quixemos que o resultado fose o mellor posible e a verdade é que quedou esta importante pega dun só acceso a Ribadeo desde Galicia".
O rexedor ribadense di que con ese novo acceso a Ribadeo da autovía do Cantábrico desde Galicia "se evitarían moitos inconvintes e sobre todo que moita xente que se pasa nese acceso único que temos á altura da circunvalación se teña que ir dar a volta ás Figueiras (en Asturias) para entrar en Ribadeo. Todos os partidos: UPRI, PSOE, PP e BNG vemos con bós ollos facer este pronunciamento conxunto en pleno e estimar esta petición que foi realizado polo PP".

No hay comentarios:

 
Free counter and web stats