miércoles, 30 de julio de 2008

20080729 sobre a restauración dos Cocos

OS COCOS E CABEZUDOS RESTAURADOS SAIRÁN Á RÚA O DÍA DE SAN ROQUE EN RIBADEO.

Ribadeo, 29 de xullo de 2008. A Concellaría de Cultura, en nome dos ribadenses, quere facer público o seu agradecemento ao labor dos veciños e das veciñas e dos establecementos comerciais da nosa vila que nestes días están a botar unha man na recuperación de cocos e cabezudos. A súa iniciativa fará posible que estas figuras luzan por primeira vez despois da súa rehabilitación o día de San Roque. Este recoñecemento fáise extensible tamén aos donos de figuras do entroido que foron doados ao Concello.

200820729 Nota sobre aparcamento en Augas Santas

A PRAIA DAS CATEDRAIS CONTARÁ DESDE ESTA FIN DE SEMANA CUNHA NOVA ZONA DE APARCAMENTO DE 12.000 METROS CADRADOS.
Ribadeo, 29 de xullo de 2008. A praia das Catedrais contará desde a vindeira fin de semana cunha nova zona de aparcamento, segundo ven de confirmar o concelleiro delegado de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, "trátase dun terreo de 12.000 metros cadrados no que poderán aparcar entre 700 e 800 coches. O acordo co propietario pechámolo onte pola noite".
Cupeiro lembra que na praia das Illas se creará nunha zona de masa común outro aparcadoiro para medio cento de vehículos "e nos Castros contamos con outro terreo para que poidan estacionar uns 150 coches. Agora estamos a preparar un dos aparcadoiros de Rinlo con capacidade tamén para uns 150 coches que agardamos estará listo para a festa do percebe que se celebra o vindeiro 9 de agosto".
O edil de Medio Ambiente agradece "en nome do Concello a boa predisposición que atopamos nas Catedrais por parte do propietario do terreo para darlle unha solución a esta problemática dos aparcadoiros nese areal. E agardamos que desta medida se beneficien os turistas que visitan estas zonas ainda que sexa de xeito provisional, algo que intentaremos mellorar e adiantar de cara aos vindeiros veráns".

martes, 29 de julio de 2008

Nota de prensa 20080728 / aparcadoiros

O CONCELLO CREA APARCADOIROS EN RINLO, AS ILLAS E AS CATEDRAIS PARA ACOLLER AOS CENTOS DE TURISTAS QUE SE ACHEGAN A RIBADEO NO VERÁN.
Ribadeo, 28 de xullo de 2008. O Concello de Ribadeo crea aparcadoiros en Rinlo, As Illas e As Catedrais para acoller aos centos de turistas que se achegan ao municipio nesta época estival. Segundo o edil de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, "estamos xa a traballar en Rinlo para crear aparcadoiros agora que se achega a celebración da festa do percebe e debido á afluencia de turistas que recibe este pobo durante o verán>. O concelleiro nacionalista lembra que "hai uns días que recibimos a autorización correspondente da Xunta para poder actuar na Rede Natura, ainda que había seis meses que a tiñamos pedida".
No caso de Rinlo un dos aparcadoiros crearáse de xeito inmediato "xa que se trata dunha masa común", explica Horacio Cupeiro que engade que "nas Catedrais temos a oferta dun veciño enriba da mesa que nos propón un terreo de 4.000 metros cadrados. Imos contactar con él para ver si é posible chegar a un acordo. Antes tivemos outra oferta que nos pedía moitos cartos e tixemos que desbotala porque nós temos que velar polos intereses do Concello". Horacio Cupeiro considera tamén que nas Illas se creará en breve unha zona de aparcamento para acoller a medio cento de coches. Será nunha masa común, namentras que na praia dos Castros "ademáis dos aparcadoiros que xa hai temos a varios veciños dispostos a cedernos algún prado de xeito gratuito".
O Concello de Ribadeo agarda deste xeito solventar os problemas de tráfico que se presentan nestes puntos durante o verán, debido aos centos e nalgúns casos coma o das Catedraias, aos miles de visitantes que se achegan a esta zona.

lunes, 28 de julio de 2008

Nota de prensa 20080728 / visita RNE

O PROGRAMA ESPAÑA DIRECTO DE RADIO NACIONAL DE ESPAÑA VISITARÁ MAÑÁ A PRAIA DAS CATEDRAIS.
Ribadeo, 28 de xullo de 2008. A praia ribadense das Catedrais será protagonista mañá martes do programa España Directo de Radio Nacional de España que dirixe e presenta Mamen Asencio, entre as doce e a unha e media do mediodía. Unha unidade móvil da cadea da radio pública desprázase a este areal para falar cos turistas que se atopen pola zona e para entrevistar á alcaldesa en funcións, Mariluz Álvarez Lastra que falará das características e singularidades das Catedrais e do resto da oferta turística do municipio de Ribadeo.

viernes, 25 de julio de 2008

Notas de prensa do concello 20080724/folletos turísticos

O CONCELLO RECTIFICARÁ EN BREVE OS ERROS TELEFÓNICOS QUE APARECEN NO FOLLETO TURÍSTICO DE RINLO.

Ribadeo, 24 de xullo de 2008. O Concello de Ribadeo informa que nos folletos turísticos que editou recentemente sobre Rinlo se advirten varios erros de edición nos teléfonos de contacto do restaurante A Mirandilla e do Bar Portillo.
Os números correctos son: A Mirandilla 982 123 100 e Portillo 647 67 36 36. A alcaldesa en funcións, Mariluz Álvarez Lastra, asegura que "eses erros se rectificarán no menor tempo posible no devandito folleto".

Nota de prensa 20080724

A ALCALDESA EN FUNCIÓNS PRESENTOU DENUNCIA NO CUARTEL DA GARDA CIVIL TRALO ROUBO PERPETRADO ESTA NOITE NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA.
Ribadeo, 24 de xullo de 2008. A alcaldesa en funcións de Ribadeo, Mariluz Álvarez Lastra presentou este mediodía denuncia no cuartel da Garda Civil, tras o roubo perpetrado esta noite na Escola Municipal de Música.
Os autores dos feitos accederon ao interior rompendo unha ventada da aula 4 e levaron un violonchelo que foi valorado en 600 euros. Ademáis causaron desperfectos nas máquinas expendedoras de golosiñas e cafés das que ademáis sustraeron a recadación que contiñan.
Mariluz Álvarez Lastra asegura que "esto foi o que vimos nun primeiro momento, agora haberá que facer unha valoración moito máis exhaustiva dos instrumentos servíndonos do noso inventario para saber si falta algunha cousa máis". A Garda Civil está xa a investigar o caso.

miércoles, 23 de julio de 2008

Nota de prensa 20080723

A ASOCIACIÓN PUENTE DE LOS SANTOS RECIBE 744.000 EUROS PARA O TALLER DE EMPREGO RÍA DO ENCONTRO III.
Ribadeo, 22 de xullo de 2008.
A Asociación Puente de los Santos recibe do Ministerio de Traballo unha partida de 744.798 euros para o taller de emprego Ría do encontro III, que botará a andar o 1 de outubro deste ano e rematará o 30 de setembro de 2009. Serán 36 os alumnos que realizarán traballos forestais, de albanelería, de pintura e de axuda a domicilio.
Este taller prevé a rehabilitación da Escola de Frieira Nova en Ove; a rehabilitación dos lavadeiros de Couxela, Vilaframil, Rinlo e rúa dos Fornos; a rehabilitación de fontes na Devesa, Covelas, Arante, Vilaosende e Vilaselán; o pintado das vellas escolas de Rinlo, Couxela, Vilaselán e Arante; o pintado do interior da Casa Consistorial e da Casa da Cultura de Ribadeo e a prestación de servizos de axuda a domicilio na residencia da terceira idade e no centro de día
Namentras en Castropol os traballos que realizarán os alumnos deste taller de emprego serán a construcción dun local social en Añides e Obanza; a rehabilitación do lavadeiro de Presno; a rehabilitación das fontes de Vilavedelle e Belmonte; o pintado das escolas de Figueras, San Juan, Tol, Seares e La Paloma; labores selvícolas en fincas de San Marcos e Sabugo; o acondicionamento da área recreativa do monte Pousadoiro e tamén traballos de axuda a domicilio.
O alcalde de Ribadeo tilda de boa nova esta subvención e asegura que "é un diñeiro moi importante para participar na formación de persoas desempregadas, un total de 36 a repartir entre Castropol e Ribadeo". Fernando Suárez engade que /... perdeuse o resto do texto .../
 
Free counter and web stats