miércoles, 30 de julio de 2008

200820729 Nota sobre aparcamento en Augas Santas

A PRAIA DAS CATEDRAIS CONTARÁ DESDE ESTA FIN DE SEMANA CUNHA NOVA ZONA DE APARCAMENTO DE 12.000 METROS CADRADOS.
Ribadeo, 29 de xullo de 2008. A praia das Catedrais contará desde a vindeira fin de semana cunha nova zona de aparcamento, segundo ven de confirmar o concelleiro delegado de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, "trátase dun terreo de 12.000 metros cadrados no que poderán aparcar entre 700 e 800 coches. O acordo co propietario pechámolo onte pola noite".
Cupeiro lembra que na praia das Illas se creará nunha zona de masa común outro aparcadoiro para medio cento de vehículos "e nos Castros contamos con outro terreo para que poidan estacionar uns 150 coches. Agora estamos a preparar un dos aparcadoiros de Rinlo con capacidade tamén para uns 150 coches que agardamos estará listo para a festa do percebe que se celebra o vindeiro 9 de agosto".
O edil de Medio Ambiente agradece "en nome do Concello a boa predisposición que atopamos nas Catedrais por parte do propietario do terreo para darlle unha solución a esta problemática dos aparcadoiros nese areal. E agardamos que desta medida se beneficien os turistas que visitan estas zonas ainda que sexa de xeito provisional, algo que intentaremos mellorar e adiantar de cara aos vindeiros veráns".

No hay comentarios:

 
Free counter and web stats