martes, 2 de diciembre de 2008

Fin do blog

Visto que parece que si que se van manter as novas na nova web do concello, a pesares de non ter son asociado, coido que o mellor é non competir con ela, polo que de pronto, este será o derradeiro apunte no blog.
Se en cousa de de dous ou tres meses a cousa segue a funcionar, rematarei cerrándoo.
Un saúdo e grazas a todos os que por aquí pasaron.

lunes, 1 de diciembre de 2008

2081201 Suvencións do e ao concello

NO CONCELLO ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS NOS ORZAMENTOS DE 2008.
Ribadeo, 1 de decembro de 2008. As entidades educativas, culturais, deportivas e as comisións de festas parroquiais teñen de prazo ata o día 15 de decembro para entregar a documentación esixida e optar a esas subvencións nominativas nos orzamentos de 2008.
Segundo informa a Concellaría de Cultura, as bases están expostas no taboleiro de anuncios que hai na entrada da Casa do Concello. O lugar de recollida de formularios e tamén de entrega da documentación será na oficina de Cultura.

FERNANDO SUÁREZ CONSIDERA QUE A SUBVENCIÓN DE 126.000 EUROS QUE O CONCELLO RECIBIRÁ DA DEPUTACIÓN SERVIRÁ PARA QUE AS ARCAS MUNICIPAIS QUEDEN UN POUCO MÁIS DESAFOGADAS.
Ribadeo, 1 de decembro de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, considera que a subvención de 126.000 euros que o Concello recibirá da Deputación Provincial de Lugo servirá para que as arcas municipais queden un pouco máis desafogadas. O rexedor asegura que o convenio asinado este mediodía coa Vicepresidencia 3ª "é un balón de osíxeno para o Concello de Ribadeo dado que a Deputación nos concede unha partida importante en materia de axudas ao mantemento de equipamentos de atención primaria e especializada de titularidade pública que repercuten na conciliación familiar. É dicir, os gastos que o Concello ten no centro de día, na vivenda comunitaria e no Hospital Asilo… estes gastos que sufraga o Concello desde sempre, agora e grazas a este convenio coa Vicepresidencia 3ª que dirixe Mª Xosé Vega Buxán, váinos repercutir positivamente para que dunha proposta de petición de 152.000 euros nos financien o 70%, é dicir uns 106.000 euros aos que hai que engadir outros 20.000 para actividades de ocio infantil. En total recibiremos da Deputación 126.000 euros".
Fernando Suárez sinala que "é algo que nunca ata o de agora fora así e van servir estes cartos para que o Concello de Ribadeo vaia quedar desafogado dunha parte importante destes recursos que empregaba para este fin e así se poida invertir noutro tipo de actividades ou no pago de débeda pendente cos proveedores".
FERNANDO DEPUTACIÓN - Share on Ovi

jueves, 27 de noviembre de 2008

20081126 Páxina web

RIBADEO ESTREA PÁXINA WEB NA QUE OS CIDADÁNS ATOPARÁN INFORMACIÓN INSTITUCIONAL, DATOS SOBRE O TERRITORIO E SERÁ ADEMÁIS, EN PALABRAS DO ALCALDE, UNHA CANLE DIRECTA COS VECIÑOS.
Ribadeo, 26 de novembro de 2008. O salón de plenos acolleu esta mañá a presentación da nova páxina web do Concello de Ribadeo que segundo o alcalde, Fernando Suárez "era unha asignatura pendente que tiñamos desde hai moito tempo coas novas tecnoloxías. Levabamos xa unha serie de meses traballando na concepción desta nova páxina que é absolutamente diferente á que desde hai 10 ou 11 anos estaba colgada en internet".
O rexedor asegurou que "a páxina é substituida desde unha perspectiva de modernidade, de axuda á cidadanía e coa intención de crear unha ventá ao mundo desde Ribadeo a través do ciberespacio. Aproveitamos o financiamento a través do programa Cidadanía Dixital, grazas ás aportacións da Consellería de Innovación e Industria e do Ministerio de Industria que supoñen o 70% do custe total da páxina web que ascende a 12.000 euros". Fernando Suárez dixo que "perseguimos acadar un equilibrio, unha dualidade entre institución e oferta turística. Queremos lograr dous obxectivos: que sexa útil para a poboación e que serva coma carta de presentación para todos aqueles que ainda non coñecen Ribadeo ou que queren saber máis de nós. Así poderán acceder a toda esa información".
Novidades multimedia
A páxina web www.ribadeo.org está dividida en tres grandes partes, segundo explica o rexedor, "unha primeira parte institucional na que os cidadáns poderán descargar as actas dos plenos, das comisións informativas, das comisións de goberno… poderán descargar o son dos plenos en formato mp3, vánse poder facer trámites por internet, algo que ata o de agora non era posible. A segunda parte da páxina está adicada ao coñecemento do territorio e dos seus recursos. Poden atoparse datos de historia, patrimonio natural, xeografía, economía, turismo, rutas e unha serie de cuestións multimedia con descarga de diversos servizos que ofrecerán un sistema novo de información turística móvil que dentro de pouco presentaremos. E a terceira parte ten vocación de ser unha canle de comunicación directa coa cidadanía. Aí poderán atopar información das liñas de traballo e das políticas levadas adiante desde o goberno e desde a Corporación Municipal e onde lles daremos visibilidade ás asociacións e aos colectivos do Concello".
Tres idiomas
Suárez Barcia definía esta páxina web como innovadora "en canto a formato, en canto a logotipo do Concello. Preséntase en tres idiomas: galego e español para todos os contidos e tamén en inglés para os contidos estáticos da mesma. Seguramente lle quedarán algunhas erratas que iremos solventando ao longo dos vindeiros días e tamén queremos ser sensibles ás aportacións que os veciños nos poidan facer".
FERNANDO PÁXINA WEB - Share on Ovi

miércoles, 26 de noviembre de 2008

20081120 Observatorio astronómico

A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ESTUDIARÁ A VINDEIRA SEMANA A PROGRAMACIÓN QUE LEVARÁ ADIANTE NO OBSERVATORIO ASTRONÓMICO DE RIBADEO.
Ribadeo, 20 de novembro de 2008. A Universidade de Santiago de Compostela estudiará a vindeira semana a programación que levará adiante no observatorio astronómico de Ribadeo, segundo ven de anunciar o concelleiro delegado de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro. O edil nacionalista di que "onte mantiven unha conversa co director do observatorio astronómicoa Ramón Mª Aller da Universidade de Santiago e José Angel Docobo ofrecéuse a participar co Concello nunha programación sobre temas astronómicos. Segundo me dixo ao vicerrector da Universidade a idea parécelle interesante e a vindeira semana manterán un encontro para analizar esta posibilidade e as actividades a levar adiante". Horacio Cupeiro asegura que "no Concello parecéunos moi interesante a proposta dado que o 2009 foi declarado pola UNESCO coma Ano Internacional da Astronomía".
O responsable de Medio Ambiente sinala que "con estas actividades que consistirán en obradoiros para persoas maiores e para nenos o que tentaremos será potenciar a imaxe da Casa da Ría. Buscámoslle unha aplicación a pesares de todas as deficiencias que temos coa agua, pero consideramos que desde o punto de visto astronómico non haberá inconvintes xa que non é alí no observatorio onde temos problemas senón que é na aula de interpretación onde se rexistran esas filtracións de auga cando chove. No resto do edificio non hai problemas".
HORACIO ASTRONOMIA - Share on Ovi

20081124 Servizo de podoloxía

O CONCELLO PON EN MARCHA DE XEITO EXPERIMENTAL UN SERVIZO DE PODOLOXÍA A DOMICILIO PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES.
Ribadeo, 24 de novembro de 2008. O Concello de Ribadeo pon en marcha de xeito experimental un servizo de podoloxía a domicilio para persoas maiores dependentes "coa intención de atender as doenzas tan propias desas idades", segundo explica o alcalde, Fernando Suárez. A partires de hoxe "informamos aos potenciais usuarios que si alguén desexa contar con este servizo só ten que dirixirse aos Servizos Sociais do noso Concello ubicados no Auditorio Municiapal ou chamando por teléfono ao 982 120 808" engade o rexedor. Suárez Barcia di que "esta primeira remesa de posibles usuarios deste servizo innovador e pioneiro na zona faráse de xeito totalmente gratuito e despois dependerá do número de demandantes. O que tentaremos será facela unha ou dous veces ao ano". Pola súa banda o responsable dos Servizos Sociais, José Luis Gegunde, lembra que "se trata dun servizo que non é barato, ainda que nós este ano imos facer un esforzo económico para prestalo de xeito gratuito. Chegaremos a un número importante de domicilios porque fixemos un primeiro sondeo entre os usuarios da axuda no fogar e están todos encantados con esta posibilidade".
O Concello tamén organizará un curso de formación para coidadores de persoas maiores dependentes, segundo anunciaba tamén nesta xornada o alcalde, Fernando Suárez que dixo que "está destiñado a todos aqueles que cuidan nos seus domicilios dos seus pais, dos seus ascendentes e que se atopan con dificultades á hora de poder movelos. Será un fisioterapeuta o que dará pautas de cómo se debe tratar e mover a esta xente maior. Eso tamén está un pouco a expensas do nº de demandantes que poida ter. Tamén neste caso os interesados deben poñerse en contacto cos nosos Servizos Sociais".
José Luis Gegunde sinala que "eses familiares non nos contan directamente as dificultades coas que se atopan senón que lles escoita dicir que teñen problemas para mover a estas persoas dependentes, para bañalas… víamos claramente que demandaban algo neste sentido. Esas pautas que recibirán implicarán máis comodidade para os coidadores e máis benestar para os dependentes".

Ribadeo: un referente
Fernando Suárez engade que "Ribadeo é un referente desde hai tempo na prestación de servizos sociais. Uns foron ampliándose ou mellorándose desde que chegamos ao Concello e outros foron creándose neste ano e medio. Por exemplo en axuda a domicilio contamos con 10 profesionais que duplican ás que estaban prestando o servizo hai dezaoito meses, o que implica un incremento no número de domicilios atendidos e que ronda na actualidade os 90". En Ribadeo hai ademáis 200 persoas que disfrutan do servizo de teleasistencia domiciliaria; as prazas do centro de día que xestionan a Xunta e o Concello están prácticamente cubertas a hai 40 usuarios que empregan o servizo de Xantar sobre rodas que comenzou a funcionar hai uns meses. O rexedor lembra que "hai uns días aprobamos un regulamento de réxime interno para o Hospital Asilo que mellorará a xestión e o servizo que se presta aos residentes nesas instalacións".
FERNANDO PODOLOXÍA - Share on Ovi
JOSELU PODOLOXÍA - Share on Ovi

martes, 25 de noviembre de 2008

20081125 aparcadoiro subterráneo

O ALCALDE ACATA PERO NON COMPARTE A DECISIÓN DE PATRIMONIO DE REXEITAR O PROXECTO PARA CREAR UN APARCADOIRO SOTERRADO EN RIBADEO.
Ribadeo, 25 de novembro de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, referíuse esta tarde á comunicación de Patrimonio na que se desestima o recurso de alzada presentado polo Concello para a construcción dun aparcadoiro soterrado. O rexedor di que "Patrimonio entende que non debe entrar no fondo da autorización en tanto Ribadeo non se dote dun instrumento de planificación urbanística do casco vello, como é un PEPRI".
Suárez Barcia sinala que "eu como alcalde e goberno municipal acato esta desestimación dese recurso ainda que non a comparto, porque me chama a atención que Patrimonio non tivera tantos remilgos en aprobar ou considerar válido darlle luz verde ao mirador da Atalaia porque eso tamén constitúe un incremento de volumen". O alcalde engade que "en todo caso este aparcadoiro soterrado entendíamos que tampouco tiña ningún problema tendo un arqueólogo que puidera supervisar a execución das obra. De todos os xeitos todo o que se faga no casco vello desde anos depende do informe favorable de Patrimonio e pouco podemos facer, máis que aplicarnos o conto e aprobar entre todos un PEPRI canto antes. Para eso é fundamental que a Consellería de Política Territorial nos financie a redacción dese documento, que senón me equivoco dentro de moi poucos días poderei ofrecer noticias positivas a este respecto".
FERNANDO PATRIMONIO - Share on Ovi

sábado, 15 de noviembre de 2008

20081114 Camión incendios

RIBADEO RECIBIU HOXE O SEU NOVO CAMIÓN PARA A EXTINCIÓN DE INCENDIOS QUE SUPUXO UN INVESTIMENTO DE 180.000 EUROS.
Ribadeo, 14 de novembro de 2008. Ribadeo recibiu hoxe o seu novo camión para a extinción de incendios nun acto no que se deron cita a directora xeral de Protección Civil, Esther González; o delegado provincial de Medio Rural, Emilio López; o delegado provincial de Presidencia, Luis Rodríguez Edrosa e o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor asegura que "este camión que é un híbrido servirá non só para os posibles continxentes no ámbito urbano senón tamén para os núcleos rurais do concello. Estou orgulloso deste vehículo que é un dos mellores do país e desde logo da comarca atrévome a dicir que é do mellor que pode haber". Fernando Suárez engade que "a cisterna ten capacidade para 4.000 litros de auga, é un camión potente, moderno, ten unha presión enorme para lanzar a auga e vai servir non só para as continxencias de aquí senón tamén para limpar tuberías e tajeas que cando choven se atascan… vai ser moi operativo e substituirá a un que tiña o Concello desde hai moitos anos cunha fiabilidade escasa e con problemas como nos ten dado non hai moito tempo cando se parou ao chegar a un incendio e tivemos que botar man do outro camión máis pequeno que temos que tamén é novo pero que ten unha capacidade limitada".
Entidade sobrada
O alcalde de Ribadeo di que este novo camión "vai ofrecer seguridade aos veciños e veciñas deste concello ainda que como digo moitas veces, Ribadeo non vai ser alleo ao parque comarcal de bombeiros de Barreiros cando esteña listo, porque descoñezo cando vai ser. Ribadeo formará parte dese parque e beneficiarase dos recursos que alí teñan, pero Ribadeo ten entidade sobrada, ten 10.000 habitantes e está nunha extremeira e polo tanto debe seguir tendo vehículos propios que sexan atendidos polo GRUMIR ou en todo caso polos conductores municipais sin perxuizo de que esteamos no parque de bombeiros".
Fernando Suárez agradeceu o esforzo inversor realizado pola Xunta neste camión que supón un custe de 180.000 euros "dos que 110.000 son aportados pola Dirección Xeral de Protección Civil e 40.000 por Medio Rural. Os 30.000 restantes son aportados polo Concello con fondos propios. Será un vehículo que quedará a disposición de Ribadeo e dos concellos colindantes en circunstancias de emerxencia que así o requiran".
FERNANDO INCENDIOS - Share on Ovi

20081114 Viaxe a Allariz

O CIM ORGANIZA UNHA VIAXE A ALLARIZ OS DÍAS 29 E 30 DE NOVEMBRO QUE INCLÚE UNHA VISITA ÁS TERMAS DA CHABASQUEIRA EN OURENSE.
Ribadeo, 14 de novembro de 2008. O Centro de Información á Muller de Ribadeo organiza unha viaxe a Allariz os días 29 e 30 de novembro que inclúe unha visita ás termas da Chabasqueira en Ourense, segundo anunciou hoxe a concelleira da Muller, Mariluz Álvarez Lastra. A edil nacionalista informa que "o prazo de preinscripción para apuntarse será do 20 ao 26 de novembro de oito e media da mañá a tres da tarde nos locais do CIM ou chamando por teléfono ao 982 120 739". En total ofértanse 50 prazas "das que o 60% se destiñan aos veciños da vila de Ribadeo e o 40% para os do medio rural, o cal non quere dicir que si despois hai prazas que non se ocupan duns ou doutros que non poida haber un trasvase de persoas. O prezo da viaxe, que inclúe a estancia, as comidas e as entradas aos centros que alí visitemos é de 60 euros que haberá que pagar no momento de inscribirse", engade Álvarez Lastra.
Ribadeo Muller
Desta actividade informa tamén o 5º boletín Ribadeo Muller que estes días se está a repartir entre as mulleres do municipio. Neste número, segundo conta a concelleira da Muller, "adícase un artículo ao deporte feminino no que se fala do fútbol sala, do atletismo… trátase dunha posta en valor dos deportes nos que participan as mulleres do noso concello. Seguimos con seccións permanentes coma a asesoría xurídica que nesta ocasión se ocupa do fondo de garantía do pagamento dos alimentos. Tamén se da información sobre os bonos de axuda para a asistencia ás ludotecas con detalles de cómo teñen que facer as interesadas, das persoas que poden adquirilos". Mariluz Álvarez Lastra di que "este boletín informativo recolle tanto as temáticas sociais nas que traballa o Concello de Ribadeo coma as actividades realizadas nos últimos meses e as previstas para os vindeiros días, coma esta viaxe a Allariz".
MARILUZ BOLETIN - Share on Ovi

viernes, 14 de noviembre de 2008

20081113 Taxas+ urbanismo

O EQUIPO DE GOBERNO PROPORÁ NO PLENO DA VINDEIRA SEMANA APLICÁRLLELA ACTUALIZACIÓN DO IPC ÁS TAXAS MUNICIPAIS PARA 2009.
Ribadeo, 13 de novembro de 2009. Na comisión informativa de facenda e contas prevista para esta tarde no Concello de Ribadeo veráse a modificación das ordenanzas fiscais para 2009. Segundo anuncia, o edil Vicente Castro, "ás taxas váiselles aplicar a actualización do IPC interanual. Entendemos que dada a situación económica do Concello é un exercizo de responsabilidade manter das taxas actualizadas para evitar que ocorra o que pasou en exercizos anteriores cando houbo que facer algunhas subidas drásticas nalgúns servizo">.
Castro engade que "ainda que algunha das taxas e dos servizos que se prestan tiñan que subir por enriba do IPC desde o goberno municipal entendemos que a situación económica actual é difícil e polo tanto decidimos proponer exclusivamente a actualización do IPC".
Na comisión de facenda tamén se analizará esta tarde a conta xeral do exercizo de 2007; o regulamento de réxime interior do Hospital Asilo e a ordenanza de aproveitamento especial do dominio público local en favor das empresas explotadoras de servizos de suministros de interés xeral.
Urbanismo e asuntos xerais
Por outra banda, na comisión informativa de urbanismo e obras veráse a aprobación definitiva do expediente de expropiación de terreos para o aparcadoiro de Os Castros-Illas na Devesa e a proposta ao pleno do Concello sobre o acceso ao centro urbano de Ribadeo desde a A-8, entre outros temas. E na comisión informativa de asuntos e servizos xerais váise analizar a homenaxe a Leopoldo Calvo-Sotelo no cabodano do seu pasamento, o acordó de incorporación á asociación Villas Marineras e a adhesión á Carta Europea para a igualdade entre mulleres e homes na vida local segundo a proposta do Consello de Municipios e Rexións de Europa e a FEMP.
VICENTE TAXAS - Share on Ovi

2008111 Barredora

HORACIO CUPEIRO ASEGURA QUE A BARREDORA DE RIBADEO ESTARÁ ARRANXADA E LIMPANDO AS RÚAS DE NOVO, EN BREVE.
Ribadeo, 12 de novembro de 2008. A delegación de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo está á espera de recibir as pezas necesarias para arranxar a barredora que se atopa avariada desde o pasado sábado. Segundo explica Horacio Cupeiro "ese día o traballador que ía coa barredora sofría un desvanecemento e o vehículo chocaba contra un camión que estaba aparcado na rúa".
O edil nacionalista engade que "a barredora ten pequenos desperfectos coma a rotura do parabrisas, os cristais da parte de atrás do habitáculo destiñado ao conductor e tamén na caixa onde van asentados os rodillos". Horacio Cupeiro asegura que "a barredora está en proceso de reparación e está parada por este motivo, por eso lles pido comprensión aos veciños de Ribadeo. Estamos á espera de recibir as pezas necesarias para que poida voltar a traballar con normalidade".
HORACIO BARREDORA - Share on Ovi

20081112 Contabilidade

A CONTA XERAL DE 2007 PECHÓUSE CUN SALDO NEGATIVO DE 193.000 EUROS, SEGUNDO OS DATOS FACILITADOS POLO CONCELLEIRO DE ECONOMÍA E FACENDA. UNHA CIFRA QUE MELLORA SUSTANCIALMENTE A DO 2006 CANDO ESE SALDO NEGATIVO CHEGOU AOS 411.000 EUROS.
Ribadeo, 12 de novembro de 2008. No pleno da vindeira semana no Concello de Ribadeo someteráse a aprobación a conta xeral do exercizo de 2007 "a primeira do actual equipo de goberno desde que chegou ao Concello", segundo puntualiza o concelleiro de Economía e Facenda, Vicente Castro. O resultado antes de axustes é de 32.000 euros en positivo e despois dos axustes e desviacións correspondentes da un saldo negativo de 193.000 euros. Castro di que "si comparamos estes datos cos do exercizo de 2006, esa conta antes de axustes presentaba un saldo de menos 374.000 euros e despois de axustes de menos 411.000 euros".
O edil nacionalista explica que "as desviacións negativas son os gastos realizados e non cobrados durante o exercizo en cuestión e as desviacións positivas son os gastos cobrados e non gastados no exercizo en curso. Entón aplicadas estas desviacións a conta de 2007 arroxa un saldo negativo de 193.000 euros, e esto ven dado por algunha partida que chegou a finais de ano de desviación positiva como é o caso do PDT complementario polo que se ingresaron 250.000 euros antes de rematado o ano e non se executou nada no 2007, senón que se está a executar neste ano e no vindeiro".
Cambio de tendencia
Vicente Castro considera que "o resultado da conta ainda que non sexa unha grande mellora supón un cambio de tendencia e sobre todo tendo en conta o pouco período de tempo no que se puido incidir nela no exercizo pasado e que contamos seguir mellorando nos exercizos seguintes".
O responsable de Economía e Facenda engade que "o resultado do remanente negativo acumulado de 2007 supón 656.000 euros fronte aos 668.000 do exercizo de 2006. Tampouco este dato supón unha grande mellora, pero sí se da unha variación en positivo. Hai que ter en conta que neste resultado do remanente negativo inflúe o mesmo que dicía antes… as desviacións positivas de gasto cobrado e non realizado que é o referente ao PDT complementario. Sin él o resultado do remanente negativo quedaría en 400.000 euros e melloraría sustancialmente a conta con respecto ao ano anterior".
Vicente Castro cre que "esa é a tendencia que temos que seguir levando adiante desde a delegación de Facenda mellorando ano tras ano. Temos que buscar o equilibrio financiero entre ingresos e gastos para poder facer fronte, por exemplo, aos pagos a proveedores cunha periodicidade máis curta que na actualidade. Esa é a tendencia e a liña que levaremos adiante nos vindeiros anos".
VICENTE CONTA 2007 - Share on Ovi

martes, 11 de noviembre de 2008

20081111 Asilo e telefonía móbil

O CONCELLO PORÁ EN MARCHA UN REGULAMENTO INTERIOR DO HOSPITAL ASILO QUE LLE PERMITIRÁ ACCEDER A AXUDAS DA XUNTA PARA MELLORAR A SÚA SITUACIÓN ECONÓMICA.
Ribadeo, 11 de novembro de 2008. No vindeiro pleno do Concello someteráse a aprobación inicial o regulamento de réxime interior do Hospital Asilo, prezo público e modelo de contrato de servizo de ditas instalacións. O rexedor, Fernando Suárez, asegura que se trata "de regularizar unha situación que ao longo do tempo non estivo ben regulada e a día de hoxe esta entidade benéfica xestionada por unha congregación relixiosa ten máis gastos que ingresos e trátase de que este déficit que se vai incrementando ano tras ano non poña en perigo o servizo".
O alcalde sinala que "pretendemos que o Asilo teña unha autonomía financieira para seguir prestando o servizo e en todo caso mellorando o servizo que debe prestar. Queremos crear un regulamento de dereitos e de obrigas dos usuarios que non existía ata o de agora; queremos regulalo a través dun contrato de servizos que tampoco existía e con esta regulación o Hospital Asilo podería pedir subvencións á Xunta, en concreto a Vicepresidencia xa que ata o de agora non era posible, e os usuarios tamén poderían ser obxecto desas axudas".
Ordenanza telefonía móvil
Na vindeira sesión plenaria tamén se verá a denominada ordenanza de aproveitamento especial do dominio público local a favor de empresas explotadoras de servizos de suministros de interés xeral. Fernando Suárez asegura que "pretendemos que as compañías de telefonía móvil que están a operar no noso territorio paguen por elo. Non é xusto… moitas das chamadas son de móvil a móvil, pero tamén hai moitas de móvil a fixo, polo tanto para chamar de móvil a fixo estáse a utilizar o subsolo por onde pasan as redes de comunicación e a día de hoxe as empresas que operan con telefonía fixa sí que pagan aos Concellos por esta ocupación do subsolo municipal. As empresas de telefonía móvil tamén empregan o subsolo para operar de móvil a fixo e é polo que creamos esta ordenanza coa que pretendemos gravar dunha maneira simbólica primeiro e para que non sexa inxusto que as de fixa paguen e as de móvil non".
O alcalde ribadense di que "unha serie de Concellos hai un tempo en Cataluña iniciaron este modo de gravar mediante estas ordenanzas que foi recurrido por varias operadoras, pero houbo unha serie de sentencias dándolle a razón ao Concello de que se axustaban a dereito este tipo de normativas. Hai algún Concello na nosa comunidade autónoma que o está a levar adiante e nós por suposto tamén porque nos parece do máis progresista facer esto". Fernando Suárez conta "con que a ordenanza vaia para adiante. Non se trata de ir contra os usuarios senón de que paguen as empresas polo aproveitamento do subsolo que noutro tipo de servizos xa o están pagando agora".
FERNANDO ASILO - Share on Ovi

20081111 Chabola e piso

O CONCELLO DE RIBADEO COMPRARÁ UN PISO COA AXUDA DA CONSELLERÍA DE VIVENDA PARA ERRADICAR A ÚLTIMA CHABOLA QUE QUEDA NA VILA.
Ribadeo, 11 de novembro de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, lembra que "en Ribadeo existe un único caso de chabolismo dunha familia xitana que se erradicará si prospera esta iniciativa". O Concello adquirirá un piso por 100.000 euros "acolléndose a unha partida importante que ten a Consellería de Vivenda para erradicar o chabolismo á que non quixemos ser alleos. Vivenda aportará 80.000 euros a fondo perdido que o Concello terá que suplementar con outros 20.000 euros pero en réximen de aluguer, de tal maneira que unha vez adquirida esa vivenda si esa familia se integra e os informes dos Servizos Sociais así o demostran tería que pagar durante un período duns dous anos un aluguer pola ocupación da vivenda e transcurrido ese prazo teríalle que devolver os 20.000 euros que o Concello lle anticipou. Senón é así deberán abandoar a vivenda>.
O rexedor engade que "se trata dunha práctica que existe noutras comunidades autónomas e que tamén se fixo noutros concellos do país e que agora así queremos dar carpetazo e eliminar a última chabola que existe en Ribadeo. Si esto vai para adiante e si hai ofertas coma temos publicitado no Diario Oficial de Galicia para adquirir esta vivenda cunha aportación do 80% por parte de Vivenda e do 20% como anticipo do Concello que despois terános que ser reintegrado pola propia familia, pois no momento do cambio de vivenda procederemos a demoler a chabola existente".

jueves, 6 de noviembre de 2008

20081106 demolición de vivenda

FERNANDO SUÁREZ ORDENOU DEMOLER PARTE DA VIVENDA QUE SE CAEU HAI UNS DÍAS NA RÚA ANTONIO OTERO PARA EVITAR QUE POIDA SUPOÑER UN PROBLEMA DE SEGURIDADE PÚBLICA.
Ribadeo, 6 de novembro de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que "días despois de que esta vivenda da rúa Antonio Otero, parte dela, se viñera abaixo e despois de averiguar a propiedade do inmoble que resultou ser da propia moradora que habitaba nel ainda que nunhas circunstancias moi pouco axeitadas… eu como alcalde, e en uso da lexislación que nos ampara para adoptar as medidas pertinentes en materia de seguridade pública para evitar males maiores, din instruccións hoxe para que baixo a supervisión dos técnicos municipais se proceda a demoler parte dese inmoble". O rexedor di que se trata "da cuberta que quedou en pé e parte da parede medianeira e da fachada para non se vaia caer con este tempo que temos e vaia estropear as vivendas que ten ao lado. Unha delas, a da parte de abaixo, é propiedade da Xunta que está en fase de licitación para rehabilitar e a da parte de arriba é unha vivenda perfectamente rehabilitada desde hai poucos meses e os seus propietarios non teñen porque estar preocupados".
Fernando Suárez engade que "agora nestes días faremos as operacións pertinentes que os técnicos determinen de cara a estabilizar esta situación e logo o Concello terá que resarcirse destes gastos que lle está a ocasionar esta operación de cumprir coa seguridade pública. A propiedade deberá facer fronte a estes gastos en efectivo ou contra o seu patrimonio".
FERNANDO VIVENDA - Share on Ovi

20081104 Desprendemento sobre nave en Mirasol

UNHA NOVA LINGUA DE TERRA DEIXA INSERVIBLE OUTRA NAVE NO PORTO COMERCIAL DE RIBADEO.
Ribadeo, 4 de novembro de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que as choivas destes días ocasionaron danos nas estradas "de titularidade municipal, nas da Deputación e nas da Xunta. Hai arribadas de terra e gavias que se desbordan, pero o máis triste está no porto comercial de Mirasol".
O rexedor di que "si anteonte unha lingua de terra lle afectaba a unha nave, hoxe ás oito da mañá un novo desprendemento, unha nova lingua de terra fixo prácticamente inservible doutra nave anexa adicada á reparación e venda de motores de embarcacións". Fernando Suárez engade que "está previsto que o presidente de Portos de Galicia veña pola tarde a supervisar o que pasou, pero agora o que procede, e así me consta que Portos está nesa idea tamén, é facer o necesario para estabilizar ese talude para que non siga desprendéndose máis e darlle unha ubicación transitoria a esta xente para que poidan seguir a desenvolver a súa actividade, xa que estas naves eran propiedade de Portos".
FERNANDO TEMPORAL - Share on Ovi

20081104 Licitación Polígono industrial

A SEPES VEN DE LICITAR AS OBRAS DE URBANIZACIÓN DO POLÍGONO INDUSTRIAL. O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ, AMÓSASE MOI SATISFEITO POR ESTE ANUNCIO.
Ribadeo, 4 de novembro de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, amósase moi satisfeito "vendo como discorre a tramitación administrativa para a execución das obras do polígono industrial". O rexedor considera que "si hai uns días todos nos congratulamos cando SEPES daba luz verde a este polígono pois agora xa podemos ver como SEPES ten xa todo este proceso en licitación pública, de tal xeito que todas as promotoras que queiran participar no concurso desta obra teñen de prazo ata o 22 de decembro de 2008 para presentar as súas ofertas económicas".
Fernando Suárez engade que "o propio SEPES abrirá as proposicións económicas o 27 de xaneiro de 2009 mantendo eses prazos de referencia dos que falamos hai uns días de que entorno á primavera de 2009 as obras poidan estar en execución, a xulgar por como están indo de rápido os prazos administrativos".
O rexedor de Ribadeo lembra que "se trata dunha inversión de preto de 6 millóns de euros e que desde logo estou convencido de que vai supoñer un paso adiante firme no que é a economía productiva do noso concello".
FERNANDO LICITACIÓN - Share on Ovi

miércoles, 5 de noviembre de 2008

20081105 Teatro para nenos

O DOMINGO HABERÁ TEATRO PARA NENOS EN RIBADEO

Ribadeo, 5 de novembro de 2008. O domingo 9 de novembro ás cinco e media da tarde a compañía Teatro del Andamio porá en escea a obra O monstro do Castelo, dirixida por Álvaro Guevara. Un espectáculo que se enmarca dentro da programación cultural do Concello de Ribadeo para o último trimestre do ano e que está dirixido para nenos e nenas e as súas familias.
A representación será no Auditorio Municipal Hernán Naval e o prezo da entrada será de 2 euros.

20081105 IV Escola Fermín Penzol

RIBADEO ACOLLE OS DÍAS 7 E 8 DE NOVEMBRO A 4ª ESCOLA FERMÍN PENZOL.
Ribadeo, 5 de novembro de 2008. O Auditorio Municipal de Ribadeo acollerá os días 7 e 8 de novembro a 4ª edición da Escola Fermín Penzol que organiza a Universidade de Vigo coa colaboración do Concello de Ribadeo e a Asociación Cultural Santirso del Eo.
As xornadas serán inauguradas o venres ás cinco da tarde polo rexedor de Ribadeo, Fernando Suárez e polo coordenador da Escola Fermín Penzol, Xosé Henrique Costas. A conferencia inaugural será pronunciada ás cinco e media da tarde por Suso F.Acevedo e versará sobre Historia e escolma da prosa Eo-Naviae despois presentaráse o libro A herdade que nós temos. Historia e escolma da prosa do Eo-Navia. Ás seis e media da tarde haberá un recital de poetas de Galiza e da terra Eo-Navia no que participarán Aurora G.Rivas, Lucía Iglesias, Quique de Roxíos, Belén Rico Prieto, Xavier Xil Xardón, Anxo Ratel, Silvia Penas, Eva Moreda e Isaac Subín. Xa para as oito está prevista a representación teatral de A casa de Bernarda Alba pola Escola de Teatro de Ribadeo.
O sábado a xornada dará comenzo ás nove e media da mañá coa conferencia O teatro no Eo-Navia, a cargo de Rita Bugallo. Ás dez e meida será a segunda charla do día que pronunicará Carlos X.Varela Aenlle sobre Fotografías antigas do Eo-Navia. Para as doce está prevista unha mesa redonda sobre Presente e futuro da música tradicional en Galicia e no Occidente de Asturias na que intervirán Abel Pérez Méndez, director da Escola de Música Tradicional de Santirso de Abres e Xaquín Xesteira, membro de Treixadura Gaiteiros e profesor de gaita na Universidade Popular de Vigo. Á unha e media terá lugar unha homenaxe musical e literaria da Escola Fermín Penzol no cemiterio de Castropol; ás catro e media visita guiada polas terras do Eo-Navia e ás nove da noite castañada popular en Teixois, en Taramundi.

20081105 Demolición de nave

MAÑÁ PODERÍAN DAR COMENZO OS TRABALLOS DE DEMOLICIÓN DA NAVE MÁIS AFECTADA POLO TALUDE DE TERRA QUE ONTE LLE CAUE ENRIBA NO PORTO COMERCIAL DE RIBADEO.
Ribadeo, 5 de novembro de 2008. O enxeñeiro xefe da zona norte de Portos de Galicia estivo toda a xornada en Ribadeo "analizando e dando instruccións para iniciar primeiro as tarefas de estabilización dese talude e despois a partires de mañá se empezará a demoler a nave máis afectada, a de Náutica Ribadeo, porque é a que máis perigo presenta agora. A outra nave, a de Seivane, váise estabilizar temporalmente e despois tamén será demolida, tal e como anunciaba onte Jacinto Parga na visita que cursou a Ribadeo", segundo explica o alcalde, Fernando Suárez. O rexedor valora "de xeito moi positivo a celeridade coa que está a actualr Portos de Galicia e o lugar transitorio que se está a buscar para que esas empresas poidan seguir traballando".
Danos nas parroquias
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, supervisou hoxe os danos ocasionados polo temporal nas parroquias. As máis afectadas foron as de Arante, Covelas e A Devesa. O rexedor asegura que "todas as parroquias teñen problemas en viais municipais, provinciais ou de titularidade autonómica. Onte xa a brigada de obras acudiu aos puntos máis afectados para sacar as augas que fluían por enriba da calzada e xa onte e tamén hoxe os técnicos municipais están a avaliar os danos causados e as situacións que se produciron estes días para pedir despois axudas á Xunta e á Deputación de Lugo".
FERNANDO PARROQUIAS - Share on Ovi
FERNANDO TÉCNICOS PORTOS - Share on Ovi

lunes, 3 de noviembre de 2008

20081031 Obras en centros educativos

O ALCALDE ESTÁ DISPOSTO A COLABORAR COA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN NA BUSCA DE FINANCIAMENTO PARA ACOMETER DIVERSAS OBRAS NO CEIP GREGORIO SANZ.
Ribadeo, 31 de outubro de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ofrecéuse esta mañá "para colaborar na busca de financiamento para axudar a mellorar o CEIP Gregorio Sanz" que esta mañá foi visitado polo delegado provincial de Educación, Luis Manuel Álvarez. Unha visita "que se enmarca dentro da intención do delegado de ir vendo diferentes centros da provincia e nesta parada tocóulle a Ribadeo, visita da que lle estou francamente agradecido", engade o rexedor.
Fernando Suárez asegura que "se lle pediron unha serie de actuacións que a Consellería de Educación debe abordar a ser posible neste ano 2009. Neste centro, como tódolos centros públicos, o Concello fai labores de mantemento, coma o pago da luz e da limpeza e do propio bedel, pero precisa, xa que é un referente, que se lle dea unha volta no ámbito das infraestructuras a nivel do que debe ser un centro da época na que estamos. É un centro que xa ten uns 30 anos e que precisa dalgunhas operación importantes de cara a mellorar a súa infraestructura". O alcalde engade que "o delegado quedou en facer unha valoración global para logo ir investindo en varias fases ou anualidades".
FERNANDO COLEXIO - Share on Ovi

20081031 Curso de Comercio Electrónico

O TELECENTRO DE RIBADEO ACOLLERÁ A PARTIRES DO 12 DE NOVEMBRO UN CURSO DE COMERCIO ELECTRÓNICO.
Ribadeo, 31 de outubro de 2008. O Telecentro de Ribadeo acollerá a partires do 12 de novembro un curso de comercio electrónico para coñecer e manexar as opcións que ofrece a rede de cara ao intercambio comercial. No curso que se prolongará ata o 17 de decembro abordaránse aspectos coma datos estadísticos e estudios de mercado existentes; sistemas e procesos de pago; procesos de compra; a importancia da loxística; as claves do éxito e os problemas máis frecuentes que nos poden xurdir.
O curso desenvolveráse no Telecentro de Ribadeo de luns a xoves de 19:00 a 21:00 horas. Os interesados en participar poden inscribirse na páxina web: www.rededinamizacion.eu no apartado de cursos de formación, ou achegándose ás instalacións do propio Telecentro.
Dito curso forma parte da programación para os meses de novembro e decembro prevista pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información que oferta en total 300 horas de formación sobre aplicación de software libre en diversos puntos da xeografía galega, entre os que se atopa Ribadeo.

martes, 28 de octubre de 2008

20081028 Novo camión para a recollida de lixo

RIBADEO CONTA CUN NOVO CAMIÓN PARA A RECOLLIDA DO LIXO. O VEHÍCULO QUE TEN UNHA CAPACIDADE DE 18 METROS CÚBICOS FÓILLE ENTREGADO HOXE AO CONCELLO.
Ribadeo, 28 de outubro de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez e o delegado provincial de Medio Ambiente, Eduardo Vidal presidiron o acto de entrega ao Concello do novo camión para a recollida do lixo. O rexedor dixo que "grazas a unha importantísima aportación da Consellería de Medio Ambiente duns 120.000 euros se sufragou o custe deste camión que está nos 140.000 euros. É decir que o Concello só aporta uns 20.000".
Fernando Suárez asegura que o camión "era absolutamente necesario porque dos dous vehículos que tiña o Concello de Ribadeo destiñados á recollida do lixo, un deles, un camión Pegaso moi vello xa non podía máis e hai xa unha temporadiña dixo que definitivamente non volvía andar. A partires de aí realizamos unha serie de xestións coa Consellería de Medio Ambiente e hoxe está aquí o seu delegado para o acto de entrega deste vehículo que vai resolver unha eiva moi importante que tiñamos".
O alcalde engade que "agora xunto co outro camión que adquirimos hai uns seis anos e que funciona perfectamente incorporamos ao parque de maquinaria municipal un novo vehículo Mercedes cunha capacidade de 18 metros cúbicos cando o anterior só tiña 10. Polo tanto, pensó que hoxe o parque de maquinaria do Concello é un pouco máis moderno e ten un novo vehículo exemplar e temos que estarle agradecidos á Consellería de Medio Ambiente".
FERNANDO ENTREGA CAMIÓN - Share on Ovi

lunes, 27 de octubre de 2008

20081027 Sepes e o polígono industrial

FERNANDO SUÁREZ ESTÁ SATISFEITO COA INVERSIÓN DE 5,9 MILLÓNS DE EUROS QUE REALIZARÁ SEPES NA URBANIZACIÓN DO POLÍGONO INDUSTRIAL.
Ribadeo, 27 de outubro de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, amósase moi satisfeito coa inversión de 5,9 millóns de euros que realizará SEPES na urbanización do polígono industrial. O rexedor dixo que "a noticia prodúcese despois de tantas esperas, de tantas discusións, de tantas controversias políticas… desde logo hoxe os veciños e as veciñas de Ribadeo poden estar ben contentos, porque eu tamén o estou. Pode ser un dos días máis felicas do mandato deste goberno municipal, pero desde logo de toda a Corporación, dado que por fin se van licitar as obras do tan ansiado, do tan esperado polígono industrial de Ribadeo".
Suárez Barcia lembra que "esto hai uns meses que se desbloqueou de maneira irreversible para que puidese ser unha realidade. Ocorreu grazas á mediación da Consellería de Industria, grazas a Fernando Blanco despois de dialogar con SEPES, con Begasa... se puido levar adiante a planificación para unha construcción inmediata do que é a subestación de enerxía eléctrica da que se beneficiará non só o polígono industrial senón tamén a propia vila e o propio concello de Ribadeo".
O alcalde segue a contar que "tres meses despois SEPES por fin aproba proseguir co trámite da construcción do polígono industrial de Ribadeo e agora contamos que nos próximos días saia no BOE o anuncio de licitación das obras do tan demandado polígono. En tempos coma os que corren agora nos que a economía productiva debe ser o motor social, desde logo ¿qué mellor que darlle a Ribadeo un espazo para que a economía productiva se poida asentar? Esto a corto ou medio prazo veremos como se converte nun revulsivo económico para todos os veciños e veciñas deste concello que hoxe deben estar de noraboa".
FERNANDO SEPES - Share on Ovi

20081027 Desplome en vivenda

O ALCALDE ORDEA PRECINTAR A VIVENDA QUE SUFRIU UN DESPLOME NAS ÚLTIMAS HORAS NO CASCO VELLO DE RIBADEO. O CONCELLO BUSCA ALOXAMENTO PARA A MULLER QUE VIVÍA NESA CASA NUNHA SITUACIÓN PRECARIA.
Ribadeo, 27 de outubro de 2008. Nas últimas horas desplomábase a parte traseira dunha casa ubicada na rúa Antonio Otero, no casco vello de Ribadeo. A vivenda, segundo explica o alcalde, Fernando Suárez, "estaba nun estado lamentable do que advertimos hai algún tempo… desplomóuse a parte traseira do inmoble e parte dos escombros chegaron á rúa da Muralla. Na casa vivía unha señora nunhas circunstancias bastante precarias das que xa tiñamos advertido ao xulgado de Mondoñedo hai meses e agora en vista desta situación eu ordenei o precintado do inmoble e a esta muller estámoslle buscando transitoriamente un lugar onde poida durmir en tanto os seus familiares non se fan cargo dela". O rexedor engade que "ao mesmo tempo os técnicos municipais están contactando con Patrimonio e con Vivenda da Xunta acerca de cales son as medidas que hai que tomar agora de xeito inmediato, si é necesario tamén con execución subsidiaria no caso de que os propietarios non actúen rápidamente para evitar que se siga desprendendo e que poda afectar á seguridade pública".
Proxectos de rehabilitación
Fernando Suárez volta a "poñer o dedo na chaga da situación do casco vello de Ribadeo, de moitos dos inmobles que se encontran nunha situación realmente mala e que despois de estar tomando medidas nos últimos meses desde o goberno municipal vemos os primeiros froitos. Hai moitos propietarios que prácticamente non viven aquí, pero que xa están empezando a traer proxectos de rehabilitación, o que nos indica que vai ser a liña que vamos ter que seguir desde o Concello e en todo caso endurecéndoas ainda máis". O alcalde de Ribadeo asegura que "non pode ser que nos estea pasando cada dous por tres desprendementos de fachadas, vivendas que se caen… esto non pode ser. Levamos desde hai un tempo actuando, fixemos xa dúas execucións subsidiarias porque os seus propietarios fixeron caso omiso ás nosas advertencias e esto contrasta tamén coas críticas que por parte da Corporación Municipal lle fan ao equipo de goberno por teimar en que os propietarios poidan rehabilitar esas vivendas".
Man dura
Fernando Suárez recalca que "esa política vámola seguir e máis imos redoblar esforzos ata conseguir que o casco vello sexa un lugar seguro para transitar, agradable para vivir e que sexa unha fonte de riqueza desde o punto de vista turístico e que todas estas inversión públicas que se están a realizar servan para algo. Eu confío en que así será dentro de pouco, pero entretanto tomaremos as medidas coercitivas e subsidiarias que estimemos pertinentes de cara a garantir a seguridade pública dos que viven alí e dos que transitan polo casco vello".
FERNANDO DESPLOME - Share on Ovi

20081027 Calidade para as praias

AS PRAIAS DE AS CATEDRAIS E OS CASTROS RECIBEN A Q DE CALIDADE QUE LLES VEN DE CONCEDER O INSTITUTO PARA A CALIDADE TURÍSTICA ESPAÑOLA.
Ribadeo, 27 de outubro de 2008. As praias de As Catedrais e Os Castros recibían estes días en Xixón a Q de calidade que lles concede o Instituto para a Calidade Turística Española, segundo daba a coñecer nesta xornada o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.
O edil nacionalista asegura que "o Concello de Ribadeo implantou nas praias de As Catedrais e Castros un sistema de calidade e medio ambiente co fin de lograr a satisfacción de todos aqueles que nos visitan dotándoas duns servizos de calidade, seguridade e ornato. Sabemos que o litoral é un ben común e por eso queremos facer partícipes a todos os usuarios das praias así como a aqueles que realizan actividades nelas, como poden ser os empresarios de hostelería".
Cupeiro engade que "a día de hoxe contamos coa certificación do sistema que nos foi entregado o xoves en Xixón, despois de pasar polas etapas de lanzamento, desenrolo, mellora continua e ao final a consolidación. Por tanto as nosas praias xa contan con regularidade coa bandeira azul e agora coa marca de calidade concedida polo Instituto para a Calidade Turística Española".
O concelleiro de Medio Ambiente considera que "debemos desde o Concello seguir loitando para facer compatible o turismo coa protección do medio ambiente dentro da Rede Natura 2000, a través do LIC das Catedrais. Esperamos, si a crise nolo permite, levar a cabo o proxecto que estamos diseñando para facer deste entorno algo do que realmente nos sintamos orgullosos sin facer ningún dano ao monumento natural".
HORACIO CALIDADE - Share on Ovi

viernes, 24 de octubre de 2008

20081024 Parque de indianos

O CONCELLO ACEPTA AS EXPLICACIÓNS DE MEDIO AMBIENTE PARA MODIFICAR O PROXECTO INICIAL DO PARQUE DE INDIANOS.
Ribadeo, 24 de outubro de 2008. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, asegura que "o equipo de goberno do Concello de Ribadeo aceptamos as explicacións dadas pola Consellería de Medio Ambiente a través do informe emitido por esta sobre o xardín de Indianos". O edil nacionalista di que "como responsable de Parques e Xardíns, debo decir que estiven presente cando se fixo o replanteo, e se encontraron con que as medidas indicadas no proxecto eran o dobre da realidade, ousexa imaxínense facer unha casa de 400 metros cadrados nunha finca de 200. Sería imposible ¿verdade?".
Horacio Cupeiro entende que "a Consellería tiña a obriga de modificar o proxecto e presuntamente a propia Consellería púxose en contacto co Sr.Valdeón e incluso ofrecéronlle a execución da obra, e ao parecer o Sr.Valdeón desestimóuno por non poder executala con ese presuposto. Mediante o novo proxecto houbo que reducir o número de árbores, eliminóuse unha pérgola, modificóuse a fonte, pero non na súa orientación, cambiáronse dúas araucarias por dous magnolios; as zonas duras son as mesmas e o cascallo de pino, tamén ven no proxecto".
O concelleiro de Medio Ambiente lembra que "o adxudicador, segundo o prego no documento 3 di que a obra poderá ser modificada, disminuida, aumentada ou suspendida total ou parcialmente. Logo a Consellería tivo que facelo por razón de espazo, e estou seguro que coa mellor disposición posible en beneficio de Ribadeo, e pensando tamén nos filántropos da emigración que de forma altruista no seu día se acordaron da súa terra natal".
Informe de Medio Ambiente
Cupeiro da lectura ao informe que a Consellería de Medio Ambiente lle remitiu ao alcalde de Ribadeo e que di así:
"-que ese proxecto foi iniciado diante desta Consellería polo anterior alcalde, D.Balbino Pérez Vacas; -que unha vez que a Consellería decidiu financialo, encargou á empresa TRAGSA a execución das obras. Para elo procedeu á formalización do preceptivo replanteo, acontecendo:
-que as medicións que reflectía o proxecto non se axustaban ás dimensións reais do xardín; -que o proxecto inicial contemplaba a eliminación da maioría da masa arbórea existente. Por esta circunstancia o Servizo Técnico desta Delegación Provincial, postulou respectar as árbores que estiveran en boas condicións, e proceder a eliminar somentes aquelas secas, enfermas ou as que presentaban un crecimento inviable por causas da súa localización; -que para extraer as cepeiras e raíces das árbores retiradas, procedéuse a escavar en profundidade. Situación que propiciou a aparición dunha tubería de fibrocemento duns 80 anos de antigüidade que abastecía de auga a unha oa parte da vila de Ribadeo. Nese momento, realizóuse outro reformado e procedéuse á súa substitución por unha de polietileno; -que na primeira parte do xardín, debido a que os caixóns de madeira limitan en grande medida o crecimento normal das araucarias (dúas) que se propoñían plantar neles, decidíuse subsituilas por dous magnolios; -que noutra zona, por motivos estéticos, eliminóuse unha pérgola e substituíronse dúas proxectadas de tubo galvanizado, por outras de madeira laminada; que no contorno da fonte, que no proxecto estaba sen definir, e co gallo de respectar tres árbores existentes de grande porte, modificáronse as dimensións desta (rediseñóuse de menor tamaño), e procedéuse a eliminar o recheo proxectado na súa parte traseira. Incluíronse no diseño uns carreiros de area; -que no proxecto inicial, non ía contemplado ningún sistema de iluminación no xardín, situación que mudou coa colocación de nova farolas que sen dúbida aledarán o lugar en horario nocturno".
O informe de Medio Ambiente tamén di que "para efectuar o correspondente replanteo, o responsable da empresa adxudicataria, o director de obra designado por esta Delegación Provincial, o Xefe de Servizo de Conservación da Natureza e mailo proxectista acordaron reunirse en Ribadeo para efectuar os cambios oportunos. Debido á non comparecenza deste, esta Delegación Provincial, para evitar máis demoras na execución das obras, resolveu que realizaran o devandito reformado conxuntamente os servizos técnicos de TRAGSA e os de Conservación da Natureza desta Delegación. Tamén poño no teu coñecemento, que a propia TRAGSA, cando sacou a concurso a realización da obra, púxose en contacto coa empresa do proxectista para que participara na oferta. O mesmo declinou facelo aducindo a escasa marxe comercial resultante da execución de tal proxecto. Coméntoche para rematar, que as modificacións en ningún momento pretenderon desvirtuar o proxecto, senón adaptalo ás condicións naturais do lugar, respectando o máis posible a conservación dos seus valores naturais".
HORACIO INDIANOS - Share on Ovi

20081024 Recuperación de cetáreas

FERNANDO SUÁREZ ASEGURA QUE A RECUPERACIÓN DAS CETÁREAS DE RINLO SERÁ UN ALICIENTE QUE LEVARÁ TURISMO A ESA ZONA DURANTE TODO O ANO.
Ribadeo, 24 de outubro de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, considera que o proxecto de recuperación das cetáreas de Rinlo "suporá un revulsivo económico, social e positivo para Ribadeo e singularmente para Rinlo. A vocación que ten Rinlo de pasar de ser un pobo mariñeiro a converterse en pobo vinculado ao turismo e aos servizos, con esta inversión que dentro de pouco esperemos que se comence a executar porque xa estamos finalizando o proxecto de redacción, suporá recuperar as cetáreas desa zona".
O rexedor engade que "algunha delas será para pesca sin morte, algo que xa existe noutros lugares de Galiza e que ten o atractivo turístico sobre todo de cara ás familias que teñen nenos pequenos e que poden asistir seguros a practicar a pesca sin morte".
Outra das cetáreas, segundo Fernando Suárez, "a que estivo a funcionar ata hai poucos anos aí é onde se pode facer unha especie de acuario co máis singular e característico da nosa riqueza do mar no que ten que ver co marisco e con determinados tipos de peixe da nosa zona".
Para o alcalde "todo esto de recuperar un patrimonio etnográfico abandoado desde hai tempo o que vai supoñer para os habitantes de Rinlo é unha progresiva afluencia de visitantes que ademáis non só vai ser ao longo do verán senón que será ao longo de todo o ano. Ribadeo no seu conxunto moitas veces din que é moi bonito e que ten moitas cousas que ver, pero quizáis non teña determinadas actividades que se poidan facer cando non hai sol e non hai praia. Ribadeo con todo esto, coa ruta do tren mineiro que será outro revulsivo importante desde o punto de vista turístico, vai ser definitivo para consolidarnos coma lugar de recepción turística importante".
Fernando Suárez lembra que o Concello, con Horacio Cupeiro, edil de Medio Ambiente e profundo coñecedor desa zona, ademáis do propio alcalde e Costas "levamos máis dun ano traballando para que este proxecto se converta en realidade".
FERNANDO CETÁREAS - Share on Ovi

jueves, 23 de octubre de 2008

20081023 Estradas N640 e N642

FOMENTO ESTÁ A REDACTAR OS PROXECTOS PARA MELLORAR O FIRME NAS ESTRADAS N-640 E N-642 ENTRE PORTO E A PONTENOVA E ENTRE PORTO E RIBADEO. ASÍ LLO CONFIRMARON NAS ÚLTIMAS HORAS AO ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ.
Ribadeo, 23 de outubro de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, recibiu nas últimas horas un escrito da Demarcación de Estradas do Estado en Lugo, no que lle aseguran que "a Unidade de Estradas está a redactar dous proxectos de mellora do firme: un afecta á N-640 no tramo entre Porto e A Pontenova e o outro á N-642 no treito entre Porto e Ribadeo".
O rexedor asegura que "como alcalde de Ribadeo sempre estiven preocupado pola situación destes viais que debo decir que non é nova. A situación degradada destes tramos de estrada está así desde hai tempo, non é algo que se degradara nos últimos tres ou catro meses, senón que ven desde moito atrás". Fernando Suárez explica que "xa tiñamos iniciado conversas no seu momento coa Demarcación de Estradas en Lugo que pertence ao Ministerio de Fomento e ao non daren resultado contactei persoalmente co xefe da Unidade, Narciso González Florido e lle pedin que o que a min me decía verbalmente o enviase por escrito para que conste a intención do Ministerio do Fomento que di que agora están redactando uns proxectos de mellora do firme que vai de Ribadeo a Porto e de Porto á Pontenova. Polo menos esa é a zona que lle decíamos que ten un estado moi lamentable e que cando chove ou cando fai mal tempo se intensifican os accidentes de tráfico".
O alcalde confía en que "agora estes proxectos se liciten enseguida e se proceda a executalos canto antes. Él tamén é receptivo a esta mensaxe que lle mandamos desde Ribadeo e que ademáis por outra banda tanta polémica estivo a dar nos últimos meses a nivel político, pero confiamos en que Fomento se poña as pilas, acabe de redactar estes proxectos que nos argumentan que están facendo e que os liciten dunha vez".
FERNANDO ESTRADAS - Share on Ovi

miércoles, 22 de octubre de 2008

20081021 Axuda para a mellora da rede de abastecemento de auga

O ALCALDE DE RIBADEO DEMANDA AXUDA Á CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE PARA MELLORAR A REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA DO CONCELLO.
Ribadeo, 21 de outubro de 2008. No encontro que mantivo esta mañá en Santiago o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, co conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, éste expúxolle "a situación un tanto preocupante da rede de abastecemento de auga. O abastecemento principal ao que é a vila de Ribadeo e a unha parte importante do Concello ven desde Vilarbetote en Trabada e discorre por unha liña de 22 kilómetros que ten máis de 33 anos e que se atopa bastante obsoleta". O rexedor di que "da problemas de roturas cada pouco ainda que os veciños casi nunca se enteran. A empresa concesionaria nos está a advertir que quizáis un día poida haber unha rotura grande, e como a traída é moi vella e o depósito de acumulación de auga que está en Santa Cruz é ridículo para o que é a vila hoxe en día, pois non hai capacidade de almacenamento e quizáis si se rompe a acometida principal Ribadeo poidera quedar sen auga en poucas horas, si a rotura é importante".
Suárez Barcia asegura que "sabemos e somos conscientes de que non é unha cuestión que se poida resolver de hoxe para mañá, pero é algo que a Xunta, a Consellería de Medio Ambiente e Augas de Galicia deben ter presente para poder aproveitar, por exemplo, fondos europeos para proceder por unha banda, a axudar a renovar o que é a acometida de captación de auga de 22 kilómetros de lonxitude entre os concellos de Trababa e Ribadeo e por outra banda, á construcción dun novo depósito de auga que sirva para regular caudal e dar unha presión axeitada". O alcalde engade que "deso saben moitas familias de parroquias coma Vilaframil ou Piñeira que ás veces teñen problemas de presión e son os primeiros en padecer a falta dun depósito que poida regular dita presión, sobre todo, no caso de que se produza unha continxencia".
O rexedor ribadense considera que "o conselleiro foi receptivo a estas peticións que xa lle fixemos chegar noutras ocasións por outras vías e comprometéuse a estudialo seriamente e a darnos noticias dentro dun tempo, que nós agardamos que sexan positivas para os veciños de Ribadeo".
Manuel Vázquez e Fernando Suárez falaron do abastecemento de auga de Ribadeo esta mañá en Santiago despois de asinaren un protocolo de colaboración para a adquisición dun camión destiñado á recollida dos residuos sólidos urbáns.
FERNANDO AUGA - Share on Ovi

20081021 Proxecto de saneamento de Piñeira

O PLENO DO CONCELLO APROBOU POR UNANIMIDADE O PROXECTO DE SANEAMENTO NA ZONA DE PIÑEIRA. UNHA OBRA QUE SUPORÁ UN INVESTIMENTO DE 200.000 EUROS.
Ribadeo, 21 de outubro de 2008. O pleno extrarodinario e urxente que onte se desenvolveu no Concello de Ribadeo aprobou por unanimidade o proxecto de saneamento na zona de Piñeira que suporá un investimento de 200.000 euros. O alcalde, Fernando Suárez, agarda que "Augas de Galicia execute de maneira íntegra este orzamento para continuar ampliando a rede de saneamento integral. Unha rede que se empezou a facer hai varios anos e que ainda non está operativa. Vai desde A Devesa ata Vilaselán e estará lista cando a depuradora nova empece a funcionar unha vez que se constrúa".
O rexedor di que "esta arteira principal non sentido senón se vai desenvolvendo, polo tanto desde o Concello preparamos un proxecto para empezar a facer ramificacións desta rede principal e propuxémoslle a Augas de Galicia empezar pola parroquia de Piñeira no lugar de Dompiñor. Ao mesmo tempo este proxecto de 200.000 euros vai conectar o colector xeral construido hai poucos meses con todo o núcleo de Dompiñor e ademáis quedaría operativo ao pé da estrada xeral para poder continuar nun futuro cara Folgosa ou para completar a parroquia de Piñeira".
Fernando Suárez engade que "o Concello aprobou o proxecto e agora poñerá a disposición da Consellería de Medio Ambeinte os terreos, os camiños públicos por onde pasará ese saneamento. Agardo que Augas de Galicia o aprobe canto antes e que nos poñamos a traballar para executalo. É un tema importante que se aprobou por unanimidade de todos os grupos políticos con representación no Concello de Ribadeo".

20081021 Petición extemporánea de Balbino Pérez

O VOCEIRO DO BNG, VICENTE CASTRO, CONSIDERA QUE CHEGA FORA DE TEMPO A REVISIÓN PLANTEXADA POLO EX ALCALDE, BALBINO PÉREZ VACAS, RECLAMANDO OS PRETO DE 13.000 EUROS QUE DEIXOU DE PERCIBIR CANDO LLE RETIRARON O SOLDO EN ABRIL DE 2007.
Ribadeo, 21 de outubro de 2008. O voceiro do BNG e concelleiro de Economía, Vicente Castro, considera que chega fora de tempo a revisión plantexada polo ex alcalde, Balbino Pérez Vacas, reclamando os preto de 13.000 euros que deixou de percibir cando lle retiraron o soldo en abril de 2007. Castro asegura que "consideramos que si naquel momento se decidiu que non era políticamente correcto revisar ou anular o acordo agora o momento é menos oportuno nos tempos que corren e dada a situación precaria das arcas do Concello".
O edil nacionalista engade que "nós non entramos a valorar outra cousa. No seu día nós tomamos unha postura que consideramos axeitada e o que simplemente acordamos agora é non acceder a esa revisión proposta e nada máis. Non nos parece oportuna. Naquel momento o noso concelleiro e tenente de alcalde tivo que incorporarse ao día seguinte ao seu posto de traballo e o Sr. Pérez Vacas tamén puido facelo".

sábado, 18 de octubre de 2008

20081017 Actividades do programa de Drogodependencias

ENTRENAMENTO EN HABILIDADES SOCIAIS, CINENSINO E KOMIKEA II SON ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS QUE HOXE SE PRESENTOU EN RIBADEO.
Ribadeo, 17 de outubro de 2008. O programa de prevención de drogodependencias que hoxe se presentou en Ribadeo inclúe actividades para rapaces de primaria e de secundaria e tamén destiñadas ao ámbito familiar. O alcalde, Fernando Suárez, dixo que "imos levar adiante un feixe de actividades de cara ao curso 2008-2009 facéndoo transversal desde o ámbito educativo, pasando pola familia, a xuventude, a incorporación social…".
Segundo explicou tamén a responsable do programa, Mónica Fernández Lamparte, os alumnos de primaria participarán no denominado Entrenamento en Habilidades Sociais "trátase dun programa de 4 sesións dirixido a alumnos de 5º e 6º curso dos colexios de Ribadeo, Trabada, Barreiros e A Pontenova, no que a apreden a perdir perdón, a falar en público, a decir que non, a decir cousas agradables. E tamén se repartirán os materiais didácticos de prevención do consumo de drogas editados pola Consellería de Sanidade e que son completamente novos este ano. Farámolos chegar a 1.164 alumnos".
Proxección en galego
Para secundaria está prevista a celebración dunha nova edición de Cinensino, un programa dirixido a alumnos de 1º e 2º da ESO dos IES Dionisio Gamallo Fierros e Porta da Auga. Fernández Lamparte asegura que "se proxectarán tres películas e a novidade deste ano é que unha será en galego. Trátase de Pradolongo. Tamén haberá reparto de material didáctico entre os rapaces dos IES de Ribadeo e da Pontenova e celebraráse a segundo edición de Komikea, un programa dirixido a alumnos de 3º e 4º da ESO no que actúan coma mediadores e tras unhas sesión de formación en drogodependencias e outras sobre como elaborar un comic, eles mesmos elaboran os seus comics preventivos que despois se reparten entre todos os mozos e mozas de Ribadeo de entre 15 e 20 anos, escolarizados nos IES do Concello". Os alumnos de secundaria tamén participarán na campaña ¿E si che toca a ti?
O programa de prevención de drogodependencias tamén actúa no ámbito da familia, co reparto da publicación Cousas que che interesan como pai/nai "que chegará a 624 familias con fillos en idades dos 10 aos 18 anos. O folleto leva unha enquisa adxunta para ver si os pais-nais estarían interesados en facer grupos de reunión e formación en drogodependencias", explicou Fernando Suárez.
Mónica Fernández Lamparte lembrou tamén que seguen a repartir vales de tren en FEVE para o desprazamento á UAD de Burela para todas aquelas persoas que se atopen a tratamiento de deshabituación de calquera drogodependencia sexa legal ou ilegal "a 13 de outubro ían entregados máis de 500 vales".
30.000 euros de investimento
O rexedor destacou a aportación económica realizada pola Dirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias "que pasa dos 25.000 euros que nos deron no 2007 aos 30.000 deste ano". Fernando Suárez tamén agradeceu a colaboración do profesorado "xa que sin eles non se podería realizar este programa, xa que nos prestan horas lectivas para realizar intervencións nas aulas por parte do noso persoal de drogodependencias, entre outras cousas".

viernes, 17 de octubre de 2008

20081016 Comisións de urbanismo e de asuntos xerais

MAÑÁ CELÉBRANSE EN RIBADEO COMISIÓNS URXENTES DE URBANISMO E DE ASUNTOS E SERVIZOS XERAIS.
Ribadeo, 16 de outubro de 2008. Mañá celébranse no Concello de Ribadeo comisións informativas de urbanismo e de asuntos e servizos xerais con carácter extraordinario e urxente.
As dúas están previstas para as seis da tarde. Na de urbanismo analizaránse os acordos solicitados pola Consellería de Medio Ambiente para a execución da obra de “Dotación de servizo de saneamento na zona de Piñeira”, e para a execución da obra de “Complementario nº 1 do proxecto constructivo de colector xeral en Ribadeo, no treito entre Rinlo e Vilaselán”.
E na comisión de asuntos e servizos xerais abordaráse a petición de Balbino Pérez Vacas de revisión de oficio de acordo plenario de 24 de abril de 2007. Trátase da petición que presentou o ex alcalde hai uns meses reclamando que se lle paguen os preto de 13.000 euros que deixou de percibir na súa etapa coma rexedor, cando PP e Santiago Fernández-Reinante decidiron en pleno retirarlles o soldo ao alcalde e ao tenente de alcalde na pasada Corporación. Agora o pleno do Concello ténse que voltar a pronunciar.
Nesta comisión tamén de verá a ratificación de resolución da alcaldía, adoptada por razóns de urxencia, de integración do Concello de Ribadeo no Grupo de Desenvolvemento Rural para a comarca de A Mariña e designación de representantes municipais titular e suplente.

jueves, 16 de octubre de 2008

20081015 Axudas para emigrantes retornados

ATA O 3 DE NOVEMBRO ESTÁ ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA ACCEDER ÁS AXUDAS A EMIGRANTES RETORNADOS QUE SE ATOPEN EN SITUACIÓN DE NECESIDADE.
Ribadeo, 15 de outubro de 2008. A Oficina de Atención ao Inmigrante do Concello de Ribadeo informa da concesión de axudas económicas, individuais, directas, extraordinarias, non periódicas, de carácter social e asistencial, dirixidas aos emigrantes galegos e aos seus descendentes en situación de risco social que residan en Iberoamérica, así coma a emigrantes retornados que se atopen nunha situación de necesidade.
Poderán solicitar as axudas da presente convocatoria as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
-Ser maior de idade.
-Ser emigrante galego ou descendente con nacionalidade española de emigrantes galegos ata a 3ª xeración, con residencia en calquera país de Iberoamérica: Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, República Dominicana, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Puerto Rico, Uruguai e Venezuela.
-No caso de emigrantes retornados con residencia en Galiza, a data de retorno a esta comunidade non pode ser anterior a dous anos antes da solicitude.
-Carecer de bens e ingresos que permitan o nivel mínimo de subsistencia.
O prazo de solicitudes destas axudas remata o 3 de novembro de 2008, polo que os interesados deberán dirixirse antes desa data á Oficina de Atención ao Inmigrante, no Auditorio Municipal de Ribadeo, en horario de 9 a 14 horas, e alí se lles dará máis información sobre estas axudas.

20081015 Escolas deportivas municipais

A CONCELLARÍA DE DEPORTES AMPLÍA O PRAZO DE INSCRIPCIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS.
Ribadeo, 15 de outubro de 2008. A Concellaría de Xuventude e Deportes amplía o prazo de inscripción para matricularse nas escolas deportivas municipais ata o 31 de outubro, segundo informa no día de hoxe, Vicente Castro.
O edil nacionalista lembra que segue aberto tamén o prazo de inscripción nas clases de ximnasia de mantemento que se impartirán polas parroquias de Ribadeo a partires do vindeiro luns 20 de outubro.
Os interesados en participar nas escolas deportivas ou nas clases de ximnasia de mantemento nas parroquias poden inscribirse acudindo ás oficinas da OMIX ubicada no Auditorio Municipal Hernán Naval.

20081015 Mar por medio

O VENRES COMENZAN AS XORNADAS MAR POR MEDIO CON 75 PARTICIPANTES INSCRITOS.
Ribadeo, 15 de outubro de 2008. O venres comenzan en Ribadeo as XVI Xornadas Mar por Medio que este ano se centran na construcción dun espazo común de comunicación e cultura entre Galiza e Portugal. No evento que está organizado pola Consellería de Cultura e o Concello de Ribadeo hai inscritas a día de hoxe 75 persoas, ainda que os coordenadores agardan chegar a 100. Tamén destacan que para o encontro profesional que se celebrará o domingo con axentes culturais de Portugal hai 25 persoas e colectivos que solicitaron participar neste contacto, entre os que se atopan xente da cultura, do teatro, da música, programadores galegos…A organización está satisfeita con esta convocatoria 2polo variada que é e porque están representados moitos sectores da cultura galega. Estamos moi contentos".
As xornadas serán inauguradas o venres ás seis e media da tarde no Concello de Ribadeo, polo alcalde, Fernando Suárez; o Director Geral das Artes de Portugal, Jorge Barreto e polo Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta, Luis Bará.
De xeito paralelo ás xornadas está prevista a inauguración da exposición Grande-Pequeno. Galiñas, miserias e cabezudos, o venres ás oito e media da tarde na oficina de turismo vella e o sábado celebraráse no Auditorio Hernán Naval, a partires das oito e media da tarde o concerto de Aló Irmao, a cargo de Fran Pérez e Manecas Costa, con entrada libre e gratuita para os participantes nas xornadas e para o público en xeral que queira asistir a esta cita.
As xornadas Mar por Medio serán clausuradas o domingo ás doce da mañá pola concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra.

miércoles, 15 de octubre de 2008

20081015 H2SO4 na fábrica de algas

O CONCELLO PROCEDERÁ MAÑÁ A TAPIAR A ZONA DA ANTIGA FÁBRICA DE ALGAS NA QUE SE ATOPAN DOUS TANQUES DE ÁCIDO SULFÚRICO, QUE PODERÍAN CONTER ATA 3.000 LITROS DESTE PRODUCTO.
Ribadeo, 15 de outubro de 2008. O Concello de Ribadeo tapiará mañá a zona da antiga fábrica de algas da Vilavella na que se atopan dous tanques que poderían conter ata 3.000 litros de ácido sulfúrico. Hoxe supervisou esas vellas instalacións o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, que sinalou que "despois de falar co responsable da antiga fábrica de algas, hoxe fomos ver in situ onde estaban eses tanques que presumiblemente teñen ácido sulfúrico e atopamos dous dun material especial para conter ese tipo de ácido". O edil nacionalista di que o estado que presentan os tanques "non é malo, pero debido a que ese producto é tóxico, perigoso e corrosivo estamos a tomar as medidas axeitadas para que non poidan producirse actos vandálicos ou manipulacións dese ácido".
Mañá xoves váise tapiar a zona onde están os tanques "para que ninguén poida acceder a eles e despois desde o Concello poñerémonos en contacto con empresas que poidan estar interesadas neste tipo de productos por si pode interesarlles facerse con él; senón teremos que ver si a empresa que cesou a súa actividade hai máis de quince anos ten a obriga (que entendo que sí) de poder tratar ese tipo de residuos ainda que agoran estean nuns terreos que son propiedade municipal. Si estas vías non funcionan a extracción tería que financiala o propio Concello", engade Horacio Cupeiro.
O concelleiro de Medio Ambiente engade que "ninguén sabía da existencia deses tanques de ácido sulfúrico tata que no último pleno se nos alertou desa posibilidade, e desde ese momento xa nos puxemos a traballar, e xa colocamos estes días un cartel que prohíbe o acceso a esas instalacións a persoas e vehículos. Na visita que cursamos este mediodía á zona comprobamos que se trata de dous tanques cilíndricos que están en posición horizontal. Un está vacío e o outro supostamente contén ese ácido".
Os terreos nos que se atopa a antiga fábrica de algas son de propiedade municipal desde o momento no que se expropiaron e despois foron cedidos a Costas para a construcción dun paseo marítimo.

martes, 14 de octubre de 2008

20081013 nova praza de limpiadora

O CONCELLO DE RIBADEO CONVOCA UNHA PRAZA DE LIMPIADORA PARA O PAVILLÓN POLIDEPORTIVO E ALBERGUE.
Ribadeo, 13 de outubro de 2008. O Concello de Ribadeo convoca unha praza de limpiadora para o pavillón polideportivo e albergue. O contrato será por obra ou servizo determinado por un prazo de dous meses sen perxuizo das prórrogas que no seu caso procedan. Será a tempo parcial cunha xornada laboral de 3 horas diarias. Entre os criterios que se esixen figuran estar en posesión do certificado de estudios primarios. Valoraránse: os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións públicas en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante; o coceñecemento do galego e a antigüidade no paro.
O prazo para a presentación de documentación no rexistro xeral de entrada do Concello estará aberto ata as dúas da tarde do 17 de outubro. As probas de selección de persoal realizaránse o 21 deste mes ás cinco da tarde na Casa do Concello.

20081013 sancións en zona azul

A PARTIRES DO VINDEIRO 20 DE OUTUBRO O CONCELLO SANCIONARÁ AOS COCHES APARCADOS NA ZONA AZUL QUE NON TEÑAN O DISCO CORRESPONDENTE E AOS QUE SE PASEN DA HORA ESTABLECIDA.
Ribadeo, 13 de outubro de 2008. A partires do vindeiro luns 20 de outubro o Concello de Ribadeo sancionará aos coches que estean aparcados na zona azul na rúa Doutor Moreda e nas inmediacións das praza de abastos que non conten co disco correspondente e aos que se pasen da hora establecida. O rexedor, Fernando Suárez, asegura que "despois de varios meses informativos sobre este sistema de aparcamento agora aplicaremos a ordenanza reguladora en toda a súa dimensión sancionando aos que a incumplan".
Os interesados en contar cos discos azuis para aparcar nesa zona de xeito totalmente gratuito poden acudir a retiralos ao Concello de Ribadeo ou pedir información á Policía Local. O alcalde ribadense anima "a todos os cidadáns a seguir actuando con responsabilidade".

20081014 sancións en zona azul

A PARTIRES DO VINDEIRO 20 DE OUTUBRO O CONCELLO SANCIONARÁ AOS COCHES APARCADOS NA ZONA AZUL QUE NON TEÑAN O DISCO CORRESPONDENTE E AOS QUE SE PASEN DA HORA ESTABLECIDA.
Ribadeo, 13 de outubro de 2008. A partires do vindeiro luns 20 de outubro o Concello de Ribadeo sancionará aos coches que estean aparcados na zona azul na rúa Doutor Moreda e nas inmediacións das praza de abastos que non conten co disco correspondente e aos que se pasen da hora establecida. O rexedor, Fernando Suárez, asegura que "despois de varios meses informativos sobre este sistema de aparcamento agora aplicaremos a ordenanza reguladora en toda a súa dimensión sancionando aos que a incumplan".
Os interesados en contar cos discos azuis para aparcar nesa zona de xeito totalmente gratuito poden acudir a retiralos ao Concello de Ribadeo ou pedir información á Policía Local. O alcalde ribadense anima "a todos os cidadáns a seguir actuando con responsabilidade".

20081014 Calificativos despectivos para o voceiro de UPRi

O CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE TILDA DE EGOCÉNTRICO E SOBERBIO AO VOCEIRO DA UPRI. E PÍDELLE EXPLICACIÓNS SOBRE AS PISTAS POLIDEPORTIVAS QUE SE ÍAN CONSTRUIR NO ANTIGO VERTEDOIRO.
Ribadeo, 14 de outubro de 2008. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro di que "sobre a aptitude con p de Francisco Rivas só lle quero decir que incluso da persoa máis inculta do mundo se pode aprender algo, pero desde logo del hai determinadas actitudes con c que non as quero aprender e moita xente xa entende o que quero decir". Cupeiro engade que "en canto á aptitude con p só lle vou decir unha cousa, dime de que presumes e che direi de que careces. Él considérase imprescindible e non sei que será de Ribadeo e do mundo cando él non estea. Máis ben parece ter un problema: é un pouco soberbio, todo é eu, eu e máis eu, parece que o mundo xira ó seu arredor. Un non sabe si será ao final un pouco egocéntrico".
Pistas polideportivas
Sobre as pistas polideportivas que supostamente se ían construir no antigo vertedoiro "e botarlle a culpa ao seu ex compañeiro de goberno, despois de que o 25 de febreiro de 2000, aparecen unhas declaracións súas entrecomilladas no diario El Progreso nas que di están traendo material que é necesario para a zona onde se construirán as pistas polideportivas… entón ¿cómo lle debo preguntar ao ex alcalde si realmente él era o único do Concello que estaba na comisión de seguimento? ¿Por qué non explica que houbo que facer unha modificación do proxecto de selado por ter metido no vertedoiro 16.000 metros cúbicos de terra sen autorización da Xunta de Galicia, tal e como consta documentalmente?" segue a preguntarse o edil nacionalista. Horacio Cupeiro quere que "Francisco Rivas explique tamén de onde veu esa terra. O único que me pregunto é si no proxecto inicial estaban as pistas polideportivas e no modificado non aparecen ¿por qué non se fixeron?... cando este señor xustifica, como dixen antes, o recheo de terras para facelas. Xa sabemos lóxicamente das súas argucias para enganar. Primeiro fíxoo coa licitación do punto limpo cunha moción chea de mentiras e despois coas dietas, cando a subida é do 15% e él di que é dun 130%".
O concelleiro de Medio Ambiente considera que "os nosos veciños xa notan que ten excesivas ansias de poder e eu só me pregunto ¿por qué será?".

20081014 foros permanentes para a muller

MAÑÁ COMENZAN EN VILASEÁN OS IV FOROS PERMANENTES PARA A MULLER.
Ribadeo, 14 de outubro de 2008. Mañá 15 de outubro arrancan en Vilaselán os IV Foros Permanentes para a Muller, os denominados Foros en Outono. Será cun obradoiro de nutrición que impartirá Paz Otero, educadora de saúde, na Escola de Vilaselán a partires das oito e media da tarde.
Dirixido ás parroquias de Covelas, Cedofeita e Arante desenvolveráse o 21 de outubro un obradoiro de autocoidado, que impartirá Patricia Otero na Escola de Cedoita ás oito e media da tarde.
Os Foros en Outono continuarán o 22 de outubro no Círculo Habanero da Devesa, dirixido ás xentes desta parroquia e de Cinxe, co obradoiro do autocoidado, a cargo de Patricia Otero.
E en Ribadeo na Casa do Mar, o 23 de outubro, as enfermeiras do Centro de Saúde, Inmaculada Valledor e Consuelo Carballo, falarán da Rehabilitación do solo pélvico. Incontinencia urinaria femenina. Será ás oito e media da tarde. E o 30 de outubro, tamén na Casa do Mar e á mesma hora, Mariano Carreiro, psicólogo clínico da Unidade de Saúde Mental de Burela falará da Saúde mental na adolescencia.
Consello Municipal da Muller
Este xoves reúnese ás oito e media da tarde o Consello Municipal da Muller para falar das actividades que vai desenvolver no último trimestre do ano. Segundo explica Luisa González, responsable do CIM, "este órgano ten por obxecto promover a participación das mulleres na vida política e social da vila ribadense. Tamén se ergue coma órgano transmisor e vehiculizador das propostas que xurdan en calquera ámbito relacionadas coa problemática da muller. Un espazo propio onde as mulleres poden opinar sobre aquelas decisión municipais que lles van afectar".
O Consello Municipal da Muller constituíuse no mandato pasado o 2 de marzo de 2005, dando comenzo nesa data a súa andaina "da man dun grupo de traballo estábel que procuran unha mellor calidade de vida para as mulleres desta vila", engade Luisa González. O Consello Municipal da Muller está integrado por mulleres representantes das asociacións veciñais, das asociacións de mulleres, de asociacións sectoriais, de partidos políticos, sindicatos, técnicas de empresa, de igualdade e pola concelleira da Muller, Mariluz Álvarez Lastra.

sábado, 11 de octubre de 2008

20081010 Arquivo de denuncia ó concello

SATISFACCIÓN DO CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE TRAS O ARQUIVO DA DENUNCIA PRESENTADA POR AUGAS DE GALICIA POLOS VERQUIDOS DE AUGAS RESIDUAIS QUE FORON PARAR AO RÍO DAS PEDRAS PROCEDENTES DO ANTIGO VERTEDOIRO.
Ribadeo, 10 de outubro de 2008. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, amósase satisfeito tras o arquivo da denuncia presentada por Augas de Galicia o 19 de 2007 polos verquidos de augas residuais que foron parar ao río das Pedras procedentes do antigo vertedoiro.
Cupeiro di que "desde o Concello de Ribadeo atopámonos satisfeitos polo apoio da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental á hora de solucionar un problema heredado no vertedoiro selado na parroquia de Ove en canto aos lixiviados, ao biogás e ao desbroce. Hai que lembrar que o vertedoiro estaba abandoado desde había varios anos. A día de hoxe está desbrozado, canalizado á depuradora e estáse queimando o biogás coma sempre debeu estar e ademáis con cargo á Consellería".
O edil de Medio Ambiente asegura que "hai quen se denuncia asimismo, xa que desde que o Sr. Rivas vendeu o selado a bombo e platiño no 2001 despois xa se olvidaron de atendelo, e así estaban os lixiviados rebosando ao río das Pedras tal e como aparece reflexado na denuncia que o Seprona presentou diante de Augas de Galicia. A día de hoxe, repito, contamos con analíticas feitas por empresas solventes e agora archivanesa denuncia. Con esta obra aforrámoslle ao Concello sobre 24 millóns das antigas pesetas, segundo consta no proxecto".
Horacio Cupeiro engade que "agora falta que nos expliquen porqué non se fixo a pista deportiva e os vestiarios previstos enriba do vertedoiro".

20081010 Clases para inmigrantes

CLASES DE GALEGO, DE ESPAÑOL, DE INFORMÁTICA ADEMÁIS DE REFORZO EDUCATIVO SON ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES DESTIÑADOS AOS INMIGRANTES QUE ORGANIZA O CONCELLO DE RIBADEO.
Ribadeo, 10 de outubro de 2008. O Concello de Ribadeo presentou hoxe as actividades que organizou destiñadas á poboación inmigrante. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que "Ribadeo é un lugar de acollida para moitos inmigrantes que veñen en busca de traballo. A poboación inmigrante pasou de 370 cidadáns que tiñamos censados hai un ano e agora temos 500. A maioría son de Brasil (un total de 160) e de Portugal (con 80), seguidos xa a moita distancia por Colombia, Rumanía, República Dominicana, Marrocos e Arxentina".
O rexedor ribadense engade que "vemos que hai un aumento significativo que se ve reflexado nos usuarios que se achegan á Oficina do Emigrante para solicitar información, orientación e asesoramento sobre temas de interés, o que nos leva a pensar que Ribadeo é un concello no que se sinten agusto para comenzar unha nova vida e nós acollémolos cos brazos abertos cando veñen facer o que facemos aquí que é traballar e integrarse perfectamente na nosa sociedade. E nós desde aquí co apoio da Consellería de Presidencia e da Secretaría Xeral de Emigración queremos continuar facendo cursiños de adaptación e de integración".
Este ano vánse impartir clases de español os martes e os xoves de 10:30 a 11:30 "con posibilidade de aumentar os horarios para facilitar a asistencia porque o coñecemento do idioma é básico coma chave de integración en tódolos ámbitos da nosa sociedade", explica Ana Prieto, técnica de emigración.
Reforzo educativo con clases de apoio escolar e de galego serán de luns a venres de 17:30 a 19:30 "e dentro desas horas organizaremos as clases en función das idades dos alumnos".
Haberá tamén clases de informática os martes e os xoves de 19:30 a 21:00 no Teleclube ubicado na Casa da Xuventude. Estas clases darán comenzo o 4 de novembro.
Encontros gastronómicos
E vánse celebrar os segundos encontros gastronómicos interculturais, que segundo engade, Ana Prieto, "por segundo ano queremos poñer en marcha dada a aceptación da pasada edición. O ano pasado puidemos degustar recetas típicas da cociña árabe, brasileña, paraguaia, ademáis da española e galega e este ano coñeceremos máis recetas deses países e tamén das cociñas dominicana e cubana e despois iremos introducindo máis a medida que atopemos a máis inmigrantes dispostos a colaborar". Estes encontros serán todos os venres dos meses de novembro e decembro, ás oito da tarde na Casa do Mar. Comenzarán o 7 de novembro.
Os interesados en inscribirse nalgunha destas actividades poden acudir á Oficina do Emigrante ubicada no Auditorio Municipal en horario de 9 da mañá a 2 da tarde ou chamando por teléfono ao 982 120 808.

jueves, 9 de octubre de 2008

20081009 ximnasia de mantemento nas parroquias

O 20 DE OUTUBRO COMENZAN AS CLASES DE XIMNASIA DE MANTEMENTO NAS PARROQUIAS DE RIBADEO.
Ribadeo, 9 de outubro de 2008. O vindeiro 20 de outubro comenzarán nas parroquias de Ribadeo as clases de ximnasia de mantemento do curso 2008-2009, que organiza o Concello de Ribadeo. Están dirixidas a todas as idades e xa está aberto o prazo de inscripción no Auditorio Municipal.
En Vilaframil serán os luns e os mércores de 4 a 5 da tarde. Na Devesa os martes e os venres de 5 a 6. En Vilausende os luns e os mércores de cinco e media a seis e media. En Vilela serán os luns e os mércores de seis e media a sete e media. En Rinlo/Obe os martes e os venres de seis e media a sete e media. En Vilaselán serán os luns de 8 a 9 e os xoves de 7 a 8. En Couxela luns e mércores de 8 a 9 da noite. En Cinxe martes e venres de 8 a 9. En Cedofeita os luns de nove e dez a dez e dez e os xoves de oito e media a nove e media e de nove e media a dez e media. E en Remourelle serán as clases os luns e os mércores de nove e media a dez e media.

20081009 actividades culturais outono

XORNADAS EDUCATIVAS, EXPOSICIÓNS, MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS COMPOÑEN A PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE RIBADEO PARA O ÚLTIMO TRIMESTRE DO ANO.
Ribadeo, 9 de outubro de 2008. Xornadas educativas, exposicións, música e artes escénicas para adultos e nenos compoñen a programación cultural do Concello de Ribadeo para o último trimestre do ano, e que hoxe foi presentada pola edil, Mariluz Álvarez Lastra.
Xornadas
Do 17 ao 19 de outubro desenvolveránse no Parador de Turismo de Ribadeo as XVI Xornadas Mar por Medio que organizan a Consellería de Cultura e o Concello, e que este ano se centrarán nas relacións entre Galicia e Portugal.
E do 7 ao 9 de novembro celebraráse a 4ª Escola de Formación Fermín Penzol, que organiza a Universidade de Vigo e que terá por escenario Ribadeo e Vegadeo.
Exposicións
Na vella oficina de turismo pódese ver ata o 26 de outubro "unha mostra de imaxinería popular tanto galega coma da outra banda do Miño", segundo conta Mariluz Álvarez Lastra "denominada Grande, pequeno. Galiñas, miserias e cabezudos que nestes días previos ao inicio de Mar por Medio vai ser visitada polos nenos de primaria dos nosos centros de ensino que contarán con talleres e títeres para entender mellor a exposición".
No Forte de San Damián segue aberta a exposición Percorridos "que a día de hoxe recibiu xa 1.800 visitas, e agora os alumnos de secundaria acudirán durante este mes cunha guía para poder disfrutar desta mostra", engade a edil nacionalista.
Os tempos son chegados é o título da exposición sobre o himno galego que se pode visitar na oficina de turismo nova. Álvarez Lastra convida aos ribadenses "a que se pasen por alí para disfrutar dos paneis e dos folletíns didácticos para achegárense ao significado do noso himno".
Música
A concelleira de Cultura asegura que neste trimestre "haberá de novo actividades organizadas pola Coral Polifónica de Ribadeo, pola Banda Sinfónica e pola Escola de Música das que xa iremos dando conta ao seu debido momento". Unha das primeiras citas musicais deste trimestre será a actuación de Fran Pérez e Maneca Costas, dentro das xornadas Mar por Medio, co espectáculo Aló irmaos. Será o 18 de outubro ás oito e media da tarde no Auditorio Municipal e con entrada gratuita "un concerto ao que poderán asistir todos os que o desexen ainda que non participen nas xornadas", engade Mariluz Álvarez Lastra.
En novembro voltan as Músicas Posibeis cun concerto de guitarra a cargo de Iñaki Diéguez Trío "e prestaremos de novo unha atención especial ás parroquias, e así o Ciclo máis perto de ti chegará a Couxela en novembro onde actuará o coro do Colexio Sagrado Corazón e en Covelas a Aula Municipal de Teatro porá en escea en decembro a obra A casa sen ventás".
Artes escénicas
Neste ámbito haberá actividades para adultos e tamén para nenos. Mariluz Álvarez conta que "a Ribadeo chegarán compañías coma Teatro do Atlántico, Teatro Galileo ou Espello Cóncavo que xa teñen tradición e outras máis novas coma Teatro do Andamio".
A primeira cita co teatro neste trimestre será este domingo 12 de outubro. Teatro Galileo porá en escea a obra Náufragos, a partires das oito e media da tarde no Auditorio Municipal. O prezo das entradas será de 2 e de 4 euros.
Os nenos contarán con teatro de clown, títeres e actividades de danza. Unha das novidades que presentou a edil de Cultura foron "Os encontros dos axóuxeres que son cancións da nosa lingua musicadas para bebés a partires dos tres ou dos seis meses. Esta actividade terá lugar o 1 de novembro ás 12 da mañá no Auditorio Municipal e a entrada é gratuita. Xa o contamos agora para que os que teñen nenos se vaian organizando. Tamén haberá o Mercado do Nadal e as actividades que nesas datas se organizan para os nenos, pero que xa contaremos cando se achegue a data".
Mariluz Álvarez Lastra convida "a todo o mundo a que disfruten destas actividades culturais e a que consigan máis información achegándose ao departamento de Cultura na Casa do Concello".

martes, 7 de octubre de 2008

20081006 Ecoembés e os impropios na recollida de lixo

O CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE INSISTE NA NECESIDADE DE ESFORZARSE NA RECOLLIDA SELECTIVA. EN ABRIL DESTE 2008 OS IMPROPIOS CHEGARON ATA O 26,71%.
Ribadeo, 6 de outubro de 2008. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, insiste na necesidade de esforzarse na recollida selectiva en Ribadeo. Cupeiro conta que "hai uns días recibimos o informe de Ecoembes que é a S.A sin ánimo de lucro que se encarga de controlar e xestionar a recollida dos embases lixeiros, no que nos comunica que en Ribadeo se está mellorando no tocante a recollida selectiva. Ecoembes cada pouco tempo manda a uns inspectores que controlan todo canto se deposita nos contedores amarelos e logo comunicanos o resultado. Concretamente no mes de Abril estivemos por debaixo do 30% de impropios, exactamente o 26,71%". O edil nacionalista lembra que "cando estamos por encima desa porcentaxe débese concretamente a catro tipos de residuos que se depositan no contedor amarelo e que non debería ser así, como son: materia orgánica, vidro, cartón e film comercial. O ano pasado xa se enviou a todalas casas a informacion de como facelo e este ano tamén o imos a indicar, porque si superemos o 30% de indebidos o Concello será sancionado. Por todo o anterior, desde o Concello solicitamos a colaboracion dos veciños á hora de seleccionar o lixo, xa que desta maneira contribuimos a que os residuos poidan ser logo transformados noutros productos".
Enseres na vía pública
Horacio Cupeiro tamén pide colaboración á hora de deixar enseres na rúa "quero que sexamos todos conscientes do problema que se crea ao Concello que se depositen enseres na vía pública sin comunicalo nos días indicados para a recollida que son os últimos martes de cada mes para o (madeiras mobles e colchóns) e os primeiros martes para os obxetos metálicos (neveiras e labadoras) entre as 9 e 11 da mañá dese mismo día. Esta mala costume obríganos a recorrer as rúas todos os días para controlar esos depósitos. O telefono do Concello é o 982.128.650".
Cartón
O concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo pídelles "aos establecementos que depositan o cartón fora dos contedores ou que o depositan sin plegar e sin atar os días de recollida porta a porta, que fagan estas entregas dacordo co bando da Alcaldía, porque estamos xugando coa imaxen de Ribadeo, e a imaxen da nosa vila e a nosa propia imaxen. Nós desde o Concello non debemos convetir a vila nun estado policial, por máis que a vía sancionadora sexa a única que entenden algúns. Todos sabemos cando cumprimos có deber de cidadán. De todas formas de persistir a actitude dalgúns de non colaborar para conseguir un Ribadeo máis limpo, máis ordenado e máis humanizado, verémonos na obriga de sancionar a estos establecementos, que xa foron requeridos polo Concello". Cupeiro recoñece que "a maioría cumpre, pero ainda quedan uns poucos que siguen depositando o vidro no contedor de orgánico. Quero recordar, que o teléfono do punto limpo é o 619 55 18 95 que está aberto de 9 a 13 e de 14:30 a 18:30 de luns a venres e de 9 a 13 os sábados".
Pilas e baterías
Horacio Cupeiro tamén lles comunica "aos veciños que o dia 26 do mes de setembro entrou en vigor o R.D. 106/2008 sobre pilas, baterias e acumuladores que obriga aos productores e distribuidores a recoller todolos elementos mencionados, polo que o consumidor ten o dereito a que se lle recollan en todolos establecementos de venta destes productos, ademáis estos teñen a obriga de informalos. A recuperación será gratuita para o consumidor".

20081006 Requerimentos para limpeza de solares

O CONCELLO ENVÍA REQUERIMENTOS A 6 VECIÑOS DE RIBADEO PARA QUE LIMPEN OS SEUS SOLARES QUE ESTÁN CHEOS DE MALEZA E DE SILVAS E QUE NALGÚNS CASOS XA LLE AFECTAN Á VÍA PÚBLICA.
Ribadeo, 6 de outubro de 2008. O Concello de Ribadeo envióulles requerimentos a 6 veciños para que procedan a limpar os seus solares que están cheos de maleza e de silvas que nalgúns casos chegan á vía pública. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que "estánse enviando requerimentos desde o Concello aos propietarios de solares e de parcelas da vila dado que os técnicos municipais fixeron nos últimos días unha serie de informes recomendándolle á alcaldía a adopción de medidas de cara a mellorar o ornato e sobre todo a salubridade deses puntos". O rexedor engade que "hai unha serie de fincas que se encontran con maleza, con silvas… nunha situación que non é a axeitada, polo tanto debo recordar que hai un tempo fixemos unha tandada deste tipo de decretos e agora ampliámolo a outra serie de parcelas".
Fernando Suárez di que "o que persigo é pedirlles aos veciños propietarios destas parcelas, desde o punto de vista da cordialidade e da colaboración, que teñen que telas en bó estado. Non se cuestiona o dereito á propiedade privada, pero ésta ten tamén unhas obrigas e esas en canto a ornato e limpeza deben estar correctas. Hai veciños que se queixan de que hai silvas que invaden os muros e que poden afectarlle á vía pública e eso é algo que non queremos consentir. Vámoslles reclamar desde o punto de vista cordial que teñen que tomar medidas de maneira inmediata, pero si non é así poderán ser sancionados polo Concello".
O alcalde de Ribadeo confía "no sentido común destes propietarios (algúns deles non viven aquí en Ribadeo) e agardo que saiban estar á altura das circunstancias ou ben por eles ou ben encargándolle a algunha empresa que segue ou desbroce esas parcelas que non se atopan no seu mellor momento posible".

20081006 obras en Calvo Sotelo e Amando Pérez

HOXE COMENZAN AS OBRAS DE REHABILITACIÓN E MELLORA NAS RÚAS CALVO-SOTELO E AMANDO PÉREZ.
Ribadeo, 6 de outubro de 2008. Hoxe dan comenzo en Ribadeo as obras de rehabilitación e mellora das rúas Calvo-Sotelo e Amando Pérez. No primeiro dos casos a empresa encargada é Naray de Foz e no segundo Xestión Ambiental de Contratas. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que "estas dúas rúas que xa foran licitadas hai un tempo responden a unha serie de plans estratéxicos, por un lado (Calvo Sotelo) de zonas peonís para dinamizar o comercio e contan co apoio económico da Consellería de Innovación e Industria, e por outro (Amando Pérez) á que se unirán nuns días as rúas Trinidad, Fontecabada e Viejo Pancho, grazas a un convenio asinado coa Consellería de Vivenda para revitalizar o noso casco vello".
Suárez Barcia considera que "van ser un par de meses de intensas obras en toda esta zona que seguramente ocasionarán molestias no tráfico, pero os veciños de Ribadeo nestes últimos anos estiveron vendo como se estivo a cambiar a fisonomía da vila e penso que son comprensivos ainda que eu non me canso de pedir disculpas por adiantado porque sabemos que seguro ocasionarán molestias. Pero antes de que remate o ano unha parte importante destas obras estarán rematadas e desde logo o avance cuantitativo e cualitativo, en canto a calidade e en canto a ter metros de vía rematados e perfectamente actualizados, será grande. Vai dar gusto vivir por alí, pasear por alí, comprar por alí…".
Importante investimento
O conxunto de todas estas obras Calvo Sotelo, nesta primeira fase, Amando Pérez, Trinidad, Fontecabada e Viejo Pancho suporán un investimento duns 600.000 euros "financiados a maior parte polas Consellerías de Vivenda e Industria, por iso lles estamos moi agradecidos xa que o Concello non chega a unha aportación media do 30% de inversión", segue a contar o rexedor ribadense.
Gas
Fernando Suárez advírtelles aos veciños que "se van soterrar os servizos que agora estaban aéreos coma o cableado da luz, do teléfono… e tamén o gas naqueles sitios onde a compañía o estimo oportuno. Agradecémoslles a todos aqueles veciños que desexen contar con gas que llo demanden á empresa subministradora porque despois unha vez rematadas as obras vai ser moi difícil por non decir imposible volver a levantar estes pavimentos… os que o queiran que o pidan agora".
 
Free counter and web stats